Classificacions
CROSS DE ANTIOQUÍA
7.2km
Informació de contacte
Reglament
- O Cross de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva contando coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Concello de Xinzo de Limia, Concello de Sandiás, Deputación Provincial de Ourense, Hipódromo de Antela e da Federación Galega de Atletismo.
- Celebrarase o domingo 6 de febreiro de 2022 nas instalacións do Hipódromo de Antela e está incluido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
- A participación está aberta a atletas federados e non federados.
- As categorías, circuitos e distancias a percorrer axustaránse ás normas emanadas da FGA.
- Para a CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS, que deberán estar formados por 4 atletas (polo menos unha muller), sumaranse os postos dos catro compoñentes, sendo os gañadores os tres equipos que menos puntos sumen.
Obrigas dos deportistas: O uso da máscara é obrigatorio en todas as instalación do evento e so se poderá sacar no momento de competir.
A organización facilitará máscaras na liña de meta.
PREMIOS |
||
CATEGORÍA |
MASCULINO |
FEMININO |
ABSOLUTA (1º, 2º, 3º) |
TROFEO |
TROFEO |
1º SUB 20 |
TROFEO |
TROFEO |
1º SUB 23 |
TROFEO |
TROFEO |
1º SÉNIOR |
TROFEO |
TROFEO |
1º MÁSTER 35 |
TROFEO |
TROFEO |
1º MÁSTER 40 |
TROFEO |
TROFEO |
1º MÁSTER 45 |
TROFEO |
TROFEO |
1º MÁSTER 50 |
TROFEO |
TROFEO |
1º MÁSTER 55 |
TROFEO |
TROFEO |
1º MÁSTER 60 |
TROFEO |
TROFEO |
EQUIPOS MIXTOS |
1º, 2º e 3º |
Os premios non serán acumulativos. Para optar ós premios do Cros de Antioquía é necesario pagar a cuota de inscrición correspondente a este evento.
DISTANCIAS E PERCORRIDOS |
||||
|
||||
HORA |
CATEGORÍA |
VOLTA PEQUENA |
VOLTA GRANDE |
METROS |
11:00 h |
ABSOLUTA FEM. |
1 volta |
3 voltas |
7.200 m aprox |
11:45 h |
ABSOLUTA MASC. |
1 volta |
3 voltas |
7.200 m aprox |
IMPORTANTE: A organización poderá facer unha soa carreira (masculina e femenina) no caso de que a participación femimina non supere as 25 atletas. Neste caso sería ás 11:45 h, con saída conxunta, e notificarase na web de inscricións e nas redes sociais da A. D. Limiactiva coa suficiente antelación. |
So poderán participar atletas que cumpran as seguintes condicións:
Certificado COVID coa pauta completa de vacinación ou presentar un certificado médico no que se indique que pasou a enfermidade. Declaración responsable sobre o estado de saúde.
Todos os atletas participantes nesta competición quedan suxeitos a este regulamento. Para o non contemplado nestas regras, aplicarase o regulamento da F.G.A., da R.F.E.A. ou da I.A.A.F no seu defecto. Protocolo COVID: A celebración de este evento e o seu formato queda condicionada á evolución da pandemia e á normativa vixente da FGA no momento da súa celebración.
Para realizar a inscrición tod@s @s atletas deberán cubrir o formulario habilitado ó efecto na web https://sportmaniacs.com/es ou na app SAUDETER (disponible para IOS e Android) e pagar a cuota de 5 euros de inscrición. Unha vez efectuado o pago confirmarase a inscrición, que inclúe licenza de día da FGA para aqueles que non a posúan. Prazo da inscrición será ata as 23:59 h do mércores 2 de febreiro.
Para inscribir a un equipo será necesario enviar un correo electrónico a limiactiva@gmail.com indicando o nome do equipo, e nome e apelidos dos 4 atletas que o compoñen (polo menos unha muller).
A retirada de dorsais, efectuarase na secretaría de competición o día da proba a partir das 9:45 h. As probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da F.G.A. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguro de responsabilidade civil e outra de accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc… Tamén quedan excluidos os casos producidos por desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvole a proba.