dim. 06 févr. 2022 00:00:00 CET, Sandiás

CROSS DE ANTIOQUÍA 2022

Classements

Classement

CROSS DE ANTIOQUÍA
7.2km

Information de contact

Contacter l'organisateur665936887

Règlement

  1. O Cross de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva contando coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Concello de Xinzo de Limia, Concello de Sandiás, Deputación Provincial de Ourense, Hipódromo de Antela e da Federación Galega de Atletismo.
  2. Celebrarase o domingo 6 de febreiro de 2022 nas instalacións do Hipódromo de Antela e está incluido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
  3. A participación está aberta a atletas federados e non federados.
  4. As categorías, circuitos e distancias a percorrer axustaránse ás normas emanadas da FGA.
  5. Para a CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS, que deberán estar formados por 4 atletas (polo menos unha muller), sumaranse os postos dos catro compoñentes, sendo os gañadores os tres equipos que menos puntos sumen.

Obrigas dos deportistas: O uso da máscara é obrigatorio en todas as instalación do evento e so se poderá sacar no momento de competir.

A organización facilitará máscaras na liña de meta.

PREMIOS

CATEGORÍA

MASCULINO

FEMININO

ABSOLUTA (1º, 2º, 3º)

TROFEO

TROFEO

1º SUB 20

TROFEO

TROFEO

1º SUB 23

TROFEO

TROFEO

1º SÉNIOR

TROFEO

TROFEO

1º MÁSTER 35

TROFEO

TROFEO

1º MÁSTER 40

TROFEO

TROFEO

1º MÁSTER 45

TROFEO

TROFEO

1º MÁSTER 50

TROFEO

TROFEO

1º MÁSTER 55

TROFEO

TROFEO

1º MÁSTER 60

TROFEO

TROFEO

EQUIPOS MIXTOS

1º, 2º e 3º

Os premios non serán acumulativos. Para optar ós premios do Cros de Antioquía é necesario pagar a cuota de inscrición correspondente a este evento.

DISTANCIAS E PERCORRIDOS

HORA

CATEGORÍA

VOLTA PEQUENA

VOLTA GRANDE

METROS

11:00 h

ABSOLUTA FEM.

1 volta

3 voltas

7.200 m aprox

11:45 h

ABSOLUTA MASC.

1 volta

3 voltas

7.200 m aprox

IMPORTANTE: A organización poderá facer unha soa carreira (masculina e femenina) no caso de que a participación femimina non supere as 25 atletas. Neste caso sería ás 11:45 h, con saída conxunta, e notificarase na web de inscricións e nas redes sociais da A. D. Limiactiva coa suficiente antelación.

So poderán participar atletas que cumpran as seguintes condicións:

Certificado COVID coa pauta completa de vacinación ou presentar un certificado médico no que se indique que pasou a enfermidade. Declaración responsable sobre o estado de saúde.

Todos os atletas participantes nesta competición quedan suxeitos a este regulamento. Para o non contemplado nestas regras, aplicarase o regulamento da F.G.A., da R.F.E.A. ou da I.A.A.F no seu defecto. Protocolo COVID: A celebración de este evento e o seu formato queda condicionada á evolución da pandemia e á normativa vixente da FGA no momento da súa celebración.

Para realizar a inscrición tod@s @s atletas deberán cubrir o formulario habilitado ó efecto na web https://sportmaniacs.com/es ou na app SAUDETER (disponible para IOS e Android) e pagar a cuota de 5 euros de inscrición. Unha vez efectuado o pago confirmarase a inscrición, que inclúe licenza de día da FGA para aqueles que non a posúan. Prazo da inscrición será ata as 23:59 h do mércores 2 de febreiro.

Para inscribir a un equipo será necesario enviar un correo electrónico a limiactiva@gmail.com indicando o nome do equipo, e nome e apelidos dos 4 atletas que o compoñen (polo menos unha muller).

A retirada de dorsais, efectuarase na secretaría de competición o día da proba a partir das 9:45 h. As probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da F.G.A. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguro de responsabilidade civil e outra de accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc… Tamén quedan excluidos os casos producidos por desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvole a proba.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Lire plus   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼