18 sie 2023, Cuntis

III Carreira popular de San Antón

Wyniki

Wyniki

Sub 10
18/08/2023 18:30 0.3km

Sub 12
18/08/2023 18:40 1km

Sub 14
18/08/2023 18:55 1.5km

Sub 16
18/08/2023 19:20 2km

Adultos
18/08/2023 18:30 7km

Dane kontaktowe

Kontakt z organizatorem615193391

Regulamin

REGULAMENTO III CARREIRA POPULA DE SAN ANTÓN

CUNTIS, 18/08/2023


  1. O Concello de Cuntis coa colaboración do Club de Montaña Xesteiras, organiza o xoves día 18 de agosto do 2023 a Carreira Popular San Antón, que dará comezo ás 18:00 h.

  1. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas distribuídas nas seguintes categorías e distancias:

HORA

CATEGORÍA

ANO

DISTANCIA

18:00

Bebes F/M

2020/2021/2022

50 m

18:10

Pitufos F/M

2018/2019

100 m

18:20

Sub 8 F/M

2016/2017

200 m

18:30

Sub 10 F/M

2014/2015

300 m

18:40

Sub 12 F/M

2013/2012

1000 m

18:55

Sub 14 F/M

2011/2010

1500 m

19:20

Sub 16 F/M

2009/2008

2000 m

Os horarios poderán sufrir modificacións en función dos/as inscritos/as.

Os premios para estas categorías serán entregados unha vez rematadas ditas probas. Serán premiados/as os/as 5 primeiros/as clasificados de cada categoría cunha medalla.

Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:

HORA

CATEGORÍA

ANO

DISTANCIA

19:30

Sub 18 F/M

2006/2007

19:30

Sub 20 F/M

2005/2004

19:30

Sub 23 F/M

2003/2002/2001

19:30

Senior F/M

2000 ata 1999

19:30

Veteranos A

35 a 45 anos

19:30

Veteranos B

45 a 55 anos

19:30

Veteranos C

55 en adiante

Os premios para estas categorías serán entregados unha vez rematadas ditas probas. Serán premiados/as os/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría cun trofeo.

  1. Saída e percorrido das distintas probas.

Os circuítos das categorías: bebes, pitufos, Sub 8, Sub 10. Sub 12, Sub 14 e Sub 16, discorrerán polas seguintes rúas e lugares: pavillón municipal e Campo.

O recorrido da carreira absoluta será o mesmo para todas as categorías e transcorrerá polas seguintes rúas e núcleos de poboación: pavillón municipal, Campo, A Patela, Castrolandín e Vilar.

As persoas participantes deberán presentarse na liña de saída segundo o horario previsto publicado pola organización.

  1. INSCRICIÓNS.

A inscrición é gratuíta e realizarase a través da páxina www.sportmaniacs.com

  1. RETIRADA DE DORSAIS.

Os dorsais, serán entregados polos membros do equipo organizador o mesmo día da proba no pavillón municipal dos deportes do Concello de Cuntis situado na rúa José Mª Lastra a partir das 16:30 ata 19:00 debendo os atletas levar o dorsal visible na parte dianteira da camiseta.

  1. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Só entrarán no circuíto as bicicletas dos membros da organización que estean nos cruces de carreteras e camiños.

  1. SERVIZOS:

• Avituallamento liquido ao final da carreira.

• Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.

• A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes. A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.

• Non se disporá de duchas nin gardarroupa.

  1. Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.

OUTRAS DISPOSICIÓNS ASISTENCIA MÉDICA:

A organización contará con ambulancia na zona de saída/meta. Os membros da organización están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:

“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos”.

ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña a organización da proba.

LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e responsabilidade.

En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Concello de Cuntis, Praza da Constitución, s/n 36670 Cuntis.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Czytaj więcej   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼