22 gru 2019, Vigo

II Carreira de Nadal de Tomiño

Wyniki

Wyniki

Carreira 6 Km
22/12/2019 11:00 6000m

Carreira 1.500 m -2004 a 2009-
22/12/2019 11:35 1500m

Carreira 600 m -2010 a 2011-
22/12/2019 11:40 600m

Carreira 250 m -2012 a 2013-
22/12/2019 11:50 250m

Carreira 100 m -2014 a 2019-
22/12/2019 12:00 100m

Dane kontaktowe

Kontakt z organizatorem--

Regulamin

REGULAMENTO II CARREIRA DO NADAL DE TOMIÑO

O Concello de Tomiño coa colaboración do clube de atletismo TREGA, celebra o domingo 22 de Decembro de 2019 a partir das 11 horas da mañan, a II CARREIRA POPULAR DO NADAL CONCELLO DE TOMIÑO.

1. A saída e a chegada estarán situadas na rúa DANIEL CALZADO.

2. A II edición da carreira do Nadal de Tomiño será de carácter popular.

3.A inscrición na proba suporá a total aceptación deste regulamento por tódolos atletas participantes.

4. Inscricións:

  • Ilimitadas y gratuítas en todas as categorías menores.
  • Páxina web LAPTIME.ES: https://laptime.es/carreras/ii-carreira-de-nadal-de-tomino/
  • O prazo péchase o día 21 de Decembro as 23:59 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes. Todas as persoas que non aparezan o 22 de Decembro nos listados definitivos da web da empresa encargada da cronometraxe, non estarán correctamente inscritas.

5. A secretaría estará na rúa Daniel Calzado

6. Recollida dorsais:

Os dorsais poderanse recoller o domingo 22 de Decemebro, dende as 09:30h ata media hora antes do comezo de cada proba.

A zona de recollida de dorsais estará a carón da saída e meta da proba.

7. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

8. O Concello de Tomiño e o atletismo Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. Se ben porán tódolos medios dos que se dispoñan para solucionar os imprevistos que poidan xurdir durante a proba. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba.

9. Descalificacións: Será motivo de descalificación directa, correr sen dorsal ou sen chip, suplantar a un corredor ou falsificar os datos da inscrición. Dorsal e chip: Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización,quedando prohibido dobralo ou cortalo. Queda prohibido a manipulación do chip.

10. Establécense as seguintes categorías:

- Pulgas (masculino e feminino): nados entre 2014-2019.
- Prebenxamín (masculino e feminino): nados entre 2012/2013.
- Benxamín (masculino e feminino): nados entre 2010/2011.
- Alevín (masculino e feminino): nados entre 2008/2009.
- Infantil (masculino e feminino): nados entre 2006/2007.
- Cadete (masculino e feminino): nados entre 2004/2005.
- Absolutos (masculino e feminino): nados entre 2003 ata 49 anos.
- Máster (masculino e feminino): a partir dos 50 anos.

11. Premios: haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, tanto en categoría masculina como femenina, agás en pulgas que todos levarán medalla. Os trofeos non serán acumulativos.Chocolate para todos os participantes.

12. Reclamacións: Polo seu carácter estritamente deportivo e popular non se admitirán reclamacións.
13. Servizos de vestiarios e duchas no Pavillón da Carballa

Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes


14. Avituallamento líquido e sólido en Meta e líquido no paso dos 3 km na carreira de 6 km.


15. Circuítos:

Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Daniel Calzado.

A proba de 6km constará de 2 voltas polo nova variante de Tomiño. Circuito prácticamente chan. Todos aqueles que o desexen poden participar dando 1 volta de 3 km, non entrando na clasificación final para os premios.

Os participantes deberán estar na liña de meta 10 minutos antes da hora fixada para a saída da proba.

16. O concello de Tomiño e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular.

17. A participación nas carreiras populares implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora. Todo o non previsto polo presente Regulamento resolverase segundo o criterio da organización.

18. Autorízase a organización para a utilización de calquera imaxe obtida durante a proba en publicacións, carteis e medios dixitais.

HORARIOS

  • Carreira 6Km
Hora: 11:00 h Categorías: Absoluta (2003 a 49 años) Veteranos (50 años en adelante) Todos aqueles que o desexen poden participar dando unha soa volta ao circuito de 3km de maneira non competitiva (non optando aos premios)
  • Carreira 1.500 metros
Hora: 11:35 h Categorías: Sub 16 (2004 a 2005) Sub 14 (2006 a 2007) Sub 12 (2008 a 2009)
  • Carreira 600 metros
Hora: 11:40 h Categorías: Sub 10 (2010 a 2011)
  • Carreira 250 metros
Hora: 11:50 h Categorías: Sub 8 (2012 a 2013)
  • Carreira 100 metros
Hora: 12:00h Categorías: Pulgas (2014 a 2019)
⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Czytaj więcej   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼