Wyniki
LOURIDO/COMBARRO- opción ANDAINA
5km
LOURIDO/COMBARRO- opción CARRERA
5km
Dane kontaktowe
Regulamin
O I Circuíto de Carreiras Virtuais Poio Móvese nace como unha alternativa segura para poder seguir desfrutando da tradición de carreiras populares que nos últimos anos véñense desenrolando no noso municipio, e que se viron interrompidas debido a crise sanitaria causada polo covid-19.
Mediante o uso dunha aplicación de telefonía móbil, que guiará ao deportista polo percorrido e recollerá os tempos acadados, os corredores e corredoras poderán seguir “competindo” dun xeito seguro, comparando os seus tempos cos de outros/as participantes. Así mesmo, existe a opción de adestrar no percorrido antes de participar con rexistro de tempo, así como de disputar a proba as veces que se desexe, quedando recollido na clasificación o mellor de tempo de tódolos acadados. Cada proba terá un período habilitado de 7 días para poder adestrar e participar na mesma tódalas veces que se desexe.
O circuíto constará de 4 etapas:
- Etapa 1: Campelo: do 5 de maio ao 11 de maio.
- Etapa 2: Samieira: do 12 de maio ao 18 de maio.
- Etapa 3: Lourido-Combarro: do 19 de maio ao 25 de maio.
- Etapa 4: Raxó: do 26 de maio ao 1 de xuño.
Proceso de inscrición
Para poder participar nas carreiras é preciso instalarse no teléfono móbil a aplicación “Saudeter” dispoñible tanto en Play Store coma en App Store.
Unha vez instalada, na app está todo o necesario para participar nas carreiras:
1.-Plataforma de inscrición en “¡INSCRÍBETE AQUÍ!”
2.- Ver o trazado da ruta en Google Maps (android) ou Apple Maps (ios) en “INFORMACIÓN DA CARREIRA”.
3.- Adestrar antes da carreira en “ADESTRA PARA A CARREIRA” (pódese facer as veces que se desexen).
4.- Participar na carreira (pódese facer as veces que se queira durante o tempo establecido para a carreira, a app clasificará o mellor tempo realizado):
a.-Pódese facelo co móbil. Seguindo os pasos da app. Deberá estar sempre en funcionamento ata o final da carreira para obter os tempos de cada km. Se pechas a app en metade da carreira o exercicio será nulo. Se perdes sinal GPS máis de 5 minutos a app cancela o exercicio. Asegúrate de que a app funciona en segundo plano no teu móbil. VER VÍDEO EXPLICATIVO
b.-Pódese facer cun reloxo dotado de GPS.
Súbeo o teu dispositivo. VER VÍDEO EXPLICATIVO
Deberás cumprimentar a lo menos o 90% dos puntos fixados. Inicia o exercicio uns metros antes do punto exacto da saída (ver o mapa de cada evento) para asegurar que o teu GPS está calibrado no momento de pasar pola SAÍDA.
O rematar sube o track en formato GPX neste enlace
5.- Ver tempos e clasificacións o rematar o exercicio: se corriches co reloxo e non ves a clasificación o subir o arquivo ou o teu exercicio está en CUARENTENA, escribe a carreiras@saudeter.com
Categorías
Establecerase clasificacións de cada proba das categorías masculinas e femininas seguintes:
- senior: de 18 a 34 anos.
- master 35: de 35 a 44 anos.
- master 45: de 45 a 54 anos.
- master 55: de 55 anos en adiante.
Participación
Tódolos corredores e corredoras participarán baixo a súa responsabilidade e propio risco, manifestando, polo feito de inscribirse, en atoparse en condicións aptas para completar o percorrido da proba con seguridade, previr accidentes persoais e danos a terceiros.
Así mesmo, comprométese a respectar tódalas normas en materia de tráfico e seguridade viaria, así como as medidas sanitarias vixentes en relación a situación sanitaria causada polo covid-19.