Classement
MARATÓN
72km
RUTA CURTA
36km
Information de contact
Règlement
DÍA E LUGAR
A proba celebrárase o día 26 de setembro de 2021 con saída e chegada no Campo de Arenteiro (Concello de Piñor), e rexérase polo presente regulamento e baixo as directrices da Normativa Técnica da Federación Galega de Ciclismo para as probas de XC Maratón por ser esta unha proba federada e que forma parte do calendario da Copa Galicia de XCM 2021.
HORARIO
A saída será ás 9:30 horas.
PERCORRIDO
A proba terá os seguintes percorridos:
- MARATÓN: 72 km e 1.900m. de desnivel positivo.
- RUTA CURTA: 36 km e 950m. de desnivel positivo.
PARTICIPACIÓN
Neste I Maratón BTT Audi Selection Plus – Concello de Piñor poderá participar calquera persoa federada (ELITE/SUB23, MASTER, CICLOTURISTA) ou non federada (licenzas de 1 día).
Os participantes deben ser maiores de 16 anos ata un máximo de 400 participantes entre as 2 modalidades de ruta.
Cada participante fará uso obrigatoriamente do casco e do dorsal personalizado asignado pola organización. O participante deberá aceptar que o dorsal é intransferible e que non o poderá ceder para que o leve outra persoa.
Non se permite a participación de E-Bikes (Bicicletas eléctricas).
CATEGORÍAS
CATEGORÍAS RUTA LARGA |
ÉLITE/SUB 23 (FEMENINO/MASCULINO) |
MASTER 30 (FEMENINO/MASCULINO) |
MÁSTER 40 (FEMENINO/MASCULINO) |
MÁSTER 50 (FEMENINO/MASCULINO) |
MÁSTER 60 (FEMENINO/MASCULINO) |
CATEGORÍAS RUTA L CORTA |
XERAL FEMENINO |
XERAL MÁSCULINO |
SAÍDA
Organizarase da seguinte forma:
- Primeiro caixón: os 50 primeiros clasificados no ranking masculino absoluto da Copa Galicia XCM 2021.
- Segundo caixón: as 15 primeiras clasificadas no ranking feminino absoluto da Copa Galicia XCM 2021.
- Terceiro caixón: Resto de participantes por orde de inscrición.
Así mesmo, a organización poderá reservarse 15 dorsais para adxudicar a continuación dos 65 primeiros/as corredores/as clasificados/as do ranking absoluto da Copa Galicia XCM.
INSCRICIÓNS
Para poder participar na I Maratón BTT Audi Selection Plus – Concello de Piñor, deberase estar previamente inscrito na plataforma SPORTMANIACS.COM ou na APP SAUDETER. Non se lle permitirá a súa participación a ningunha persoa que non teña dorsal previamente entregado polos membros da organización e que non apareza nos listados facilitados pola empresa de cronometraxe e Federación Galega de Ciclismo.
O prazo de inscricións remata o mércores, 22/09/2021 ás 23:59 horas.
PREZO
O importe da inscrición é de 16€ para os participantes federados e non federados. Os non federados deberán pagar ademais a licenza de un día (10 €) e os participantes que posúan carnet ciclista e os federados con licenza pola Fed. de triatlón (5€). Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos...
MARCAXE
O recorrido estará sinalizado con bandeirolas de cor vermella sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
TEMPO DE CORTE E HORA DE PECHE
Os/as participantes que sobrepasen as 12:00 horas no primeiro paso pola liña de meta serán obrigados a dar a súa participación por rematada. Así mesmo os 'colaboradores escoba' ou o responsable de cada control xunto ca autorización dos xuíces-árbitros terán potestade para retirar da proba a calquera ciclista si o seu tempo durante o transcurso da proba ou o seu estado de saúde así o aconsella.O/A ciclista que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.
O/A ciclista que faga caso omiso da orde de retirada dada polos xuíces/árbitros e a Organización, quedará automaticamente fora de competición, considerándose que actúa baixo a súa enteira responsabilidade e en contra do criterio dos organizadores da proba que, a partir dese momento, declina calquera responsabilidade sobre as posibles consecuencias dos seus actos.
AVITUALLAMENTOS
Existirán 3 avituallamentos. Todos serán líquidos e sólidos. Ao remate da proba haberá tamén un avituallamento líquido e sólido. Ademais haberá papeleiras para abandonar os restos de xeles e demais envoltorios, vasos, etc.. Todos/as os/as participantes, organizadores, colaboradores, ..., debemos ser responsables co medio no que estamos a desenvolver esta actividade