Sep 26 2021, Piñor

I MARATÓN BTT AUDI SELECTION PLUS-CONCELLO DE PIÑOR 2021

Results

Results

MARATÓN
72km

RUTA CURTA
36km

Contact info

Contact the organizer670267317

Rules

DÍA E LUGAR

A proba celebrárase o día 26 de setembro de 2021 con saída e chegada no Campo de Arenteiro (Concello de Piñor), e rexérase polo presente regulamento e baixo as directrices da Normativa Técnica da Federación Galega de Ciclismo para as probas de XC Maratón por ser esta unha proba federada e que forma parte do calendario da Copa Galicia de XCM 2021.

HORARIO

A saída será ás 9:30 horas.

PERCORRIDO

A proba terá os seguintes percorridos:

  • MARATÓN: 72 km e 1.900m. de desnivel positivo.
  • RUTA CURTA: 36 km e 950m. de desnivel positivo.

PARTICIPACIÓN

Neste I Maratón BTT Audi Selection Plus – Concello de Piñor poderá participar calquera persoa federada (ELITE/SUB23, MASTER, CICLOTURISTA) ou non federada (licenzas de 1 día).

Os participantes deben ser maiores de 16 anos ata un máximo de 400 participantes entre as 2 modalidades de ruta.

Cada participante fará uso obrigatoriamente do casco e do dorsal personalizado asignado pola organización. O participante deberá aceptar que o dorsal é intransferible e que non o poderá ceder para que o leve outra persoa.

Non se permite a participación de E-Bikes (Bicicletas eléctricas).

CATEGORÍAS

CATEGORÍAS RUTA LARGA
ÉLITE/SUB 23 (FEMENINO/MASCULINO)
MASTER 30 (FEMENINO/MASCULINO)
MÁSTER 40 (FEMENINO/MASCULINO)
MÁSTER 50 (FEMENINO/MASCULINO)
MÁSTER 60 (FEMENINO/MASCULINO)
CATEGORÍAS RUTA L CORTA
XERAL FEMENINO
XERAL MÁSCULINO

SAÍDA

Organizarase da seguinte forma:

  • Primeiro caixón: os 50 primeiros clasificados no ranking masculino absoluto da Copa Galicia XCM 2021.
  • Segundo caixón: as 15 primeiras clasificadas no ranking feminino absoluto da Copa Galicia XCM 2021.
  • Terceiro caixón: Resto de participantes por orde de inscrición.

Así mesmo, a organización poderá reservarse 15 dorsais para adxudicar a continuación dos 65 primeiros/as corredores/as clasificados/as do ranking absoluto da Copa Galicia XCM.

INSCRICIÓNS

Para poder participar na I Maratón BTT Audi Selection Plus – Concello de Piñor, deberase estar previamente inscrito na plataforma SPORTMANIACS.COM ou na APP SAUDETER. Non se lle permitirá a súa participación a ningunha persoa que non teña dorsal previamente entregado polos membros da organización e que non apareza nos listados facilitados pola empresa de cronometraxe e Federación Galega de Ciclismo.

O prazo de inscricións remata o mércores, 22/09/2021 ás 23:59 horas.

PREZO

O importe da inscrición é de 16€ para os participantes federados e non federados. Os non federados deberán pagar ademais a licenza de un día (10 €) e os participantes que posúan carnet ciclista e os federados con licenza pola Fed. de triatlón (5€). Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos...

MARCAXE

O recorrido estará sinalizado con bandeirolas de cor vermella sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.

TEMPO DE CORTE E HORA DE PECHE

Os/as participantes que sobrepasen as 12:00 horas no primeiro paso pola liña de meta serán obrigados a dar a súa participación por rematada. Así mesmo os 'colaboradores escoba' ou o responsable de cada control xunto ca autorización dos xuíces-árbitros terán potestade para retirar da proba a calquera ciclista si o seu tempo durante o transcurso da proba ou o seu estado de saúde así o aconsella.O/A ciclista que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.

O/A ciclista que faga caso omiso da orde de retirada dada polos xuíces/árbitros e a Organización, quedará automaticamente fora de competición, considerándose que actúa baixo a súa enteira responsabilidade e en contra do criterio dos organizadores da proba que, a partir dese momento, declina calquera responsabilidade sobre as posibles consecuencias dos seus actos.

AVITUALLAMENTOS

Existirán 3 avituallamentos. Todos serán líquidos e sólidos. Ao remate da proba haberá tamén un avituallamento líquido e sólido. Ademais haberá papeleiras para abandonar os restos de xeles e demais envoltorios, vasos, etc.. Todos/as os/as participantes, organizadores, colaboradores, ..., debemos ser responsables co medio no que estamos a desenvolver esta actividade

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Read more   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼