20 May 2023, Barbadás

CAVERNÍCOLA RACE BARBADÁS 2023

Classificacions

Classificacions

CAVERNÍCULA RACE BARBADÁS 2023
20/05/2023 16:00 8km

Informació de contacte

Contactar amb l'organitzador988263519

Informació Bàsica

Lloc de la cursa
Polideportivo Municipal de Barbadás
Recollida de dorsals
Polideportivo Municipal de Barbadás ( lunes a viernes de 07:00 a 13:00 y de 16:00 a 22:00)
Política de devolucions
No se contemplan

Reglament

NORMATIVA CAVERNÍCOLA RACE DE BARBADÁS

  1. ORGANIZADOR

A CAVERNÍCOLA RACE DE BARBADÁS é unha carreira de obstáculos que se celebra no Concello de Barbadás (20 de maio do 2023).

  1. PARTICIPACIÓN E IDADE MÍNIMA

Para poder participar na carreira a idade mínima é de 18 anos no momento de celebración da proba.

  1. SAÍDA DA CARREIRA

A carreira dispútase mediante un sistema de tandas. Cada 10´, tomará a saída un grupo de 25 corredores.

As dúas primeiras tandas serán de ÉLITE e as demáis POPULAR.

Nos días previos á carreira publicarase o listado cos nomes dos integrantes de cada tanda.

A través da megafonía realizarase o chamamento para a formación das diferentes tandas.

Os participantes deberán estar na zona de saída 10´antes do inicio da súa tanda e identificarse ós membros da organización da proba.

O percorrido da CAVERNÍCOLA RACE BARBADÁS transcurrirá polo Concello de Barbadás por circuitos o aire libre.

Os corredores enfrentaranse a probas de auga, barro, lume, etc.

  1. INSCRICIÓN

A inscrición realizarase a través da web https://sportmaniacs.com/es.

Non será posible o cambio dunha tanda a outra unha vez formalizada a inscrición.

A organización poderá variar a hora da tanda na que se inscribe cada participante, dependendo do número de atletas anotados ou aumentar o número de participantes por tanda.

Os menores de 18 (ata 16 anos) anos e necesario que entregen unha autorización firmada por un tutor legal

  1. INVITACIÓNS

As invitacións serán válidas ata o 1 de maio, e só pode participar a persona que este inscrita

  1. ENTREGA DE DORSAIS

A entrega de dorsais realizarase no Polideportivo de Barbadás a partir do xoves 18 de maio de 07:00 a 13:00 e de 16:00 a 22:00 e o sábado de 9:00 a 13:00. Para recoller o dorsal e o chip será necesario é imprescindible presentar o DNI. O dorsal e o chip deberán acompañar o atleta en toda a carreira.

  1. QUILÓMETROS E OBSTÁCULOS

A carreira constará de 7-8 quilómetros e terá entre 25 e 30 obstáculos.

Os corredores poderán axudarse entre eles se no primeiro intento non logran superar o obstáculo. Terán unha penalización diferente en cada obstáculo da que lle informará o xuíz.

  1. PRECIO

A inscrición debe formalizarse online a través do enlace de SPORTMANIACS. Nela cubriranse tódolos datos e realizarase o pago on-line.

Cada inscrición e persoal e intransferible. Unha vez feita, non se devolverá o importe da mesma.

Tarifa de prezos:

ATA O 26 DE MARZO

10 €

DO 27 DE MARZO A 23 DE ABRIL

15 €

DO 24 DE ABRIL ATA PECHE INSCRICIÓNS

20€

SOCIOS POLIDEPORTIVO

10 € (COTA ÚNICA)

  • Os socios do Polideportivo Municipal de Barbadás deberán estar dados de alta e co cobro efectuado no momento de realizar a inscrición.
  1. CATEGORIÁS
  • ÉLITE: serán as dúas primeiras tandas e non poderán recibir axuda para superar o obstáculo. En caso de non poder superalo, deberán quitarse a pulseira da muñeca e entregala o xuíz da proba non superada, poden terminar a carreira pero sin obtar a trofeo.
  • POPULAR: poderán recibir axuda externa de outros corredores ou a realización de 20 burpees, non obtarán a trofeo.
  1. PREMIOS
  • ÉLITE masculino 3 primeiros clasificados.
  • ÉLITE feminino 3 primeiras clasificadas.

Para poder optar a clasificación xeral, será imprescindible superar tódolos obstáculos.

  1. CLASIFICACIÓNS

Publicaranse as clasificacións individuais de tódalas categorías.

A clasificación pódese ver a través da web de sportmaniacs.

Ademáis das clasificacións, tódolos corredores terán acceso a unha galería de fotos da carreira nas nosas redes sociais.

  1. SEGUROS

Cada atleta da proba participa na CAVERNÍCOLA RACE DE BARBADÁS baixo a súa enteira responsabilidade e asumindo que posúe unha condición física adecuada para afrontala. A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil e dun seguro individual.

Deste xeito, todos os participantes estarán cubertos pola póliza de seguros contratada pola organización.

  1. RESPONSABLES DA ORGANIZACIÓN

Haberá responsables da organización en cada obstáculo que comprobarán que se cumpren as normas, pero de ti depende superalos de forma axeitada.

  1. CRONOMETRAXE

A cronometraxe será mediante un chip que se entregará aos corredores xunto co dorsal, excepto aqueles que xa disponen dun propio que nese caso será de obrigatoria utilización.

  1. SEGURIDADE E PERCORRIDO

Durante o percorrido en caso de lesión haberá que comunicalo ao responsable da proba máis preto para que solicite asistencia.

Se durante a competición atopas a algún lesionado/ferido non intentes movelo; busca ao voluntario ou responsable máis preto e alertao. Eles chamarán á asistencia sanitaria.

Por motivos metereolóxicos, a organización poderá suspender a data prevista da realización da proba pola seguridade dos participantes.

  1. SERVIZOS

Dispoñibles duchas e baños para antes e despois da carreira no Polideportivo Municipal.

  1. SUSPENSIÓN DA PROBA

A organización resérvase o dereito de variar o punto de saída ou chegada, retrasar a hora da carreira, así como suspendela por causas alleas á organización ( climatoloxía que poida por en risco os participantes) , comunicando dita decisión na web e nas redes sociais.

  1. RESPONSABILIDADES DOS PARTICIPANTES

É responsabilidade única do atleta ser apto para a competición, é dicir, gozar dun nivel de saúde e preparación física, técnica e mental necesaria para afrontar unha proba deste estilo.

A organización está exenta de calquera responsabilidade por danos, prexuízos ou lesións que poida ocasionarse calquer participante.

Todo atleta que participe na proba acepta as normas señaladas anteriormente no momento de formalizar a inscrición, prevalecendo o criterio da organización en caso de dúbida.

  1. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO

Mediante a miña inscrición na CAVERNÍCOLA RACE DE BARBADÁS, comprométome a cumprir a normativa que regula a proba así como as indicacións dos organizadores da carreira.

Pola presente: afirmo que estou físicamente preparado para a participación na carreira e ter pasado os recoñecementos médicos oportunos.

Carezo de enfermidade algunha ou lesión que poida agravarse coa miña participación na proba.

Por iso, asisto por iniciativa propia a esta competición asumindo os riscos e consecuencias derivadas da miña participación.

Asumo e comprométome a cumprir as normas e protocolos de seguridade establecidos pola Organización para a carreira, así como manter un comportamento responsable que non aumente os riscos para a integridade física ou psíquica.

Seguirei as instrucións e acatarei as decisións que tomen os integrantes da organización polo ben da seguridade individual e colectiva.

A organización resérvase o dereito de cambiar ou modificar calquera información referente á carreira ou cancelar a mesma por causa maior.

  1. EXPULSIÓN DA CARREIRA

Será motivo de expulsión da carreira :

  • Conducta antideportiva cos demáis corredores, organizadores, xueces ou voluntarios.
  • Non cumplir ca normativa de seguridade da carreira
  • Desviarse do percorrido marcado pola organización
  1. SUSPENSIÓN O MODIFICACIÓN POR MOTIVOS DO COVID

As restrincións ou modificacións da proba deportiva poderanse modificar pola normativa sanitaria correspondente a realización da Carreira

Comprometome a que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o protocolo de prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa Organización

Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade no contexto da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que asumo baixo a miña propia responsabilidade.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Llegir més   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼