16 Jun 2024, Allariz

XXV ANDAINA E III TRAIL VILA DE ALLARIZ. Homenaje a José García Calvo "WILLY"

Inscripcions i informació

Inscrits

ANDAINA CORTA
3
ANDAINA LARGA
0
TRAIL CORTO
2
TRAIL LARGO
0
MINI TRAIL
0
MINI ANDAINA
0

Inscrits

ANDAINA CORTA
3
ANDAINA LARGA
0
TRAIL CORTO
2
TRAIL LARGO
0
MINI TRAIL
0
MINI ANDAINA
0

Inscripcions

ANDAINA CORTA
16/06/2024 10:00 15km

ANDAINA LARGA
16/06/2024 09:00 24km

TRAIL CORTO
16/06/2024 10:00 17km

TRAIL LARGO
16/06/2024 09:00 30km

MINI TRAIL
16/06/2024 11:00 8km

MINI ANDAINA
16/06/2024 11:00 8km

Informació de contacte

Contactar amb l'organitzador988442083

Informació Bàsica

Lloc de la cursa
Complexo deportivo de Vilanova
Recollida de dorsals
O venres 14 de Xuño no Complexo deportivo de Vilanova das 9.00h as 13.00h e das 16.00h as 21.00h. Sábado 15 de Xuño na Piscina municipal de Allariz das 9.00h as 13.00h. O día do evento entregaránse dorsais dende as 8.00h ata 10 min antes de cada proba.
Política de devolucions
NO SE CONTEMPLAN

Reglament

REGLAMENTO XXV ANDAINA DE ALLARIZ &

III TRAIL VILA DE ALLARIZ

En homenaxe a José García Calvo “WILLY”

O Concello de Allariz organiza XXV ANDAINA DE ALLARIZ & III TRAIL VILA DE ALLARIZ

En homenaxe a José García Calvo “WILLY”

DATA: 16 de Xuño de 2024 (domingo)

LOCALIDADE: Allariz

LUGAR DE SAIDA e META: Complexo deportivo de Vilanova.

https://maps.app.goo.gl/1bMxSxmW6BjHwNfx6

1- INSCRICIÓNS:

  1. As inscricións realizaranse online en SPORTMANIACS, link

XXV ANDAINA E III TRAIL VILA DE ALLARIZ. Homenaje a José García Calvo "WILLY". Inscripciones e info — Sportmaniacs

Contacto organizador – 988442083 / deportes@allariz.gal

Data límite: Ata o mércores 12 de Xuño de 2024 as 23:59h.

Custos da proba:

• Trail longo e curto: 18 euros

• Andainas e Mini-trail: 12 euros

  1. Na proba poderán participar todas aquelas persoas con 16 anos feitos o día da proba. Os menores de idade deberán presentar unha autorización paterna.

3) A inscrición inclue:

• Dorsal

• Obsequio participación /camiseta conmemorativa da proba

• A organización contratará un seguro de responsabilidade civil e de accidentes

• Servicio de ambulancia.

• Cronometraxe/clasificacións (soamente para as probas Trail) .

• Avituallamentos (durante e ao final da proba) .

• Existirá un dispositivo de Protección Civil para velar pola seguridade dos participantes.

• Disporanse de duchas nos vestiarios do Complexo deportivo de Vilanova.

• servizo de gardarroupa en ditas instalacións.

2- PERCORRIDOS

O percorrido será polos montes que rodean o núcleo de Allariz, beiras do Arnoia e Reserva da Biosfera, así como tamén polo casco urbano da mesma.

AVITUALLAMENTOS : contarán con Solidos e líquidos.

Para promover a reducción de plásticos, é recomendable, que cada corredor/andarín traia o seu propio recipiente/botella líquidos/kit de hidratación, xa que non haberá vasos de plástico nos avituallamentos.

PERCORRIDOS E DISTANCIAS (*) EVENTO

DISTANCIA

DESNIVEL

HORA SAIDA

Trail Longo

30 Km

+1200

09:00

Trail Curto

17 Km

+616

10:00

Andaina Larga

24 Km

+412

09:05

Andaina curta

15 Km

10:05

MiniTRail

10 Km

11:00

MiniAndaina

8 Km

11:05

(*) As distancias/desnivel poden sufrir algunha alteración, pero nunca mais de +/- 2km e 50 m desnivel

TRAIL LONGO

Distancia 30 km

Desnivel positivo 1.129 m

Altitud máxima 929 m

AVITUALLAMENTOS :

Km 7 PAICORDEIRO

Km 13 SAN SALVADOR (corte TRAIL Curto)

Km 18 MONTE PENAMÁ

Km 23 SAN MARTIÑO

TRAIL CURTO

Distancia 17 km

Desnivel positivo 616 m

Altitud máxima 712 m

AVITUALLAMENTOS

Km 7 PAICORDEIRO

Km 13 SAN SALVADOR (corte TRAIL Curto)

ANDAINA LONGA

Distancia 24 km

Desnivel positivo 471 m

Altitud máxima 641 m

Inicio e fin no complexo de Vilanova.

Iniciamos coa subida o Castelo, e baixada hacia a Acearrica, recorrendo en paralelo o río Arnoia, ata o Ecoespazo de O Rexo.

Os seguintes 7 kilómetros predominan as subidas que alternan os camiños entre touzas e as aldeas de O Rial de Meire, Vilar de Flores, Os Espiñeiros, Turzás e A Vila; ata chegar a Santa Mariña de Augas Santas, atravesando o seu rico patrimonio: Fonte da Santa, o Cruceiro do adro, Pazo da Mitra, a Capela de Santo Tomé e a Igrexa de Santa Mariña, baixamos ata a Basilica da Asunción, onde se atopa o forno da Santa, nun entorno máxico pasamos polo Penedo da Moura e a Piouca da Santa ata chegar as ruinas da cibdade da Armea.

Continuaremos polo conxunto rupestre do Monte de Señoriño, e deixando atrás iste rico patrimonio afrontamos o siguiente tramo de subida desta ruta, pasando pola Armea, Laioso, O Souto percorrendo un tramo por carretera ata Folgoso, onde teremos o ultimo avituallamento.

Xa solo queda baixar por Coira, A Enfestela e Roiriz, para unha vez enlazado co Camiño Vello de Roiriz, bordear o río Arnoia e finalizar de novo no Campo de Vilanova.

AVITUALLAMENTOS:

Km 6 O REXO

Km 12 SANTA MARIÑA

Km 17 FOLGOSO

ANDAINA CURTA

Distancia 15 km

Desnivel positivo 350 m

Altitud máxima 536 m

Inicio e fin no complexo de Vilanova.

Iniciamos coa subida o Castelo, e baixada hacia a Acearrica, recorrendo en paralelo o río Arnoia, ata Ecoespazo de O Rexo, onde teremos o primeiro avituallamento.

A partir de ahí, empezamos a subir primeiro ata o Rial de Meire, e despois cara a Vilar de Flores, pasando polo punto máis alto da ruta. Logo dirixiremonos por Rubiás, Roiriz e atravesando a N525 chegaremos de novo ao Complexo de Vilanova onde está a Meta.

AVITUALLAMENTOS:

Km 6 O REXO

Km 9,6 DIVISION RUTA LONGA-CURTA

3- PROGRAMA/HORARIO

ENTREGA DE DORSAIS no Complexo deportivo de Vilanova (piscina municipal de Allariz)

Días previos:

Venres 14 de Xuño de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Sábado 15 de 9:00 a 13:30 horas na piscina municipal de Allariz.

Día do evento (domingo 16/06/2024) no Complexo deportivo de Vilanova (piscina municipal de Allariz)

Dende as 08:00 h Entrega dorsais ata 10 minutos antes de cada proba

09:00 Saída Trail longo

09:05 Andaina longa

10:00 Saída Trail curto

10:05 Saída Andaina curta

11:00 Saída MINITrail

11:05 Saída MINIAndaina

13:00 Carreiras Trailciño nenos no campo de Vilanova (hora orientativa) celebraranse as probas para os menores, según nº inscritos:

o Ata 6 años

o Entre 7 e 12 anos

o Entre 13 e 16 años

As inscricións na categoría de menores serán GRATUITAS e NON SE REALIZARÁN a través da plataforma online.

Faranse presencial ou por teléfono na piscina Complexo Vilanova indicando os seguintes datos:

§ Nome, Data Nacemento, DNI, Teléfono e Email

14:00 Entrega de Trofeos Trail curto

14:15 Entrega de Trofeos Trail longo

15:30 Peche de meta

4. CATEGORÍAS E PREMIOS:

So serán competitivas o trail longo (30km) e o curto (16km).

As probas do TRAIL serán puntuables para a Liga provincial.

As demais probas serán participativas.

SENIOR (mulleres e homes) ata 39 anos

VETERANOS A (mulleres e homes) ata 49 anos.

VETERANOS B (mulleres e homes) maiores 50 anos.

LOCAL

Nas dúas distancias haberá premios non acumulativos aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

O remate da proba haberá un sorteo de diferentes regalos proporcionados polos nosos patrocinadores. Todolos participantes poderán consultar se o seu dorsal foi premiado ao finalizar o evento na zona de Meta.

5- SEÑALIZACIÓN E CONTROIS

O percorrido estará sinalizado por carteis indicadores, cinta de balizar e marcas de pintura laranxa. Tamén haberá persoal da organización nos lugares clave.

Haberá controis de paso en varios puntos do percorrido para acreditar que todolos participantes fan a totalidade do trail correctamente.

*IMPORTANTE:

O horario de corte do Trail Largo será 2 horas e 30 minutos despois da saída.

Os participantes que cheguen máis tarde o Km 13 , terán que seguir polo trail curto.

Si dedicen seguir polo largo, terá que ser baixo a súa responsabilidade e quedarán excluídos da clasificación.

A meta pechará as 15:30 h.

6- RESPONSABILIDADE

No momento da inscrición cada participante pon de manifesto que se encontra nunha forma física e psíquica óptima para a participación na proba e asume de igual maneira o risco que conforma a práctica deportiva.

A organización non se fará responsable dos danos,prexuízos ou lesións que poidan sufrir os participantes nesta proba ó causarlle a terceiros así como tampouco de cantos gastos, débedas ou danos que podan contraer no transcurso do evento.

O participante renuncia por tanto a emprender accións legais que poidan derivar en contra da organización da mesma.

7. CAMBIOS CANCELACIÓNS E/OU MODIFICACIÓNS

A organización resérvase o dereito a realizar calquera tipo de cambio de carácter organizativo en beneficio dos participantes. Ditos cambios en caso de que se fixeran comunicaranse polos medios que se estimen máis oportunos.

A organización da proba resérvase o direito a modificar horarios e percorridos ou suspender a proba, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de seguridade. En caso de suspensión da proba procederase á devolución do 100% da cuota de inscrición.

A organización resérvase o dereito de suspender ou aprazar a proba se se considera que está en risco a seguridade dos participantes e así o manifestan as autoridades oportunas.

8- DEBERES DOS CORREDORES E ANDARINS

• Os participantes corren/camiñan baixo a sua responsabilidade.

• Os participantes están obrigados a levar o dorsal facilitado pola organización.

• Os participantes deben socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á organización.

•En caso de emerxencia comunicarase o número indicado no dorsal.

• A seguir as instruccións dos membros da organización e non sairse do itinerario sinalizado.

• Deben comunicar a sua retirada nun control/ avituallamento, ou chamanado a organización.

• Cada participante ten a obriga de portar consigo calquera residuo que xere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización

9.- POLITICA DE IMAXEN

Os participantes aceptan que as imáxenes e reproduccions que se xeneren deste evento deportivo, poderán ser utilizadas pola organización, para a proxección e difusión do evento, en diferentes medios (redes sociales, prensa, ……)

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Llegir més   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼