06 Jan 2019, Barreiros

XVII CARREIRA POPULAR DE REIS BARREIROS

Classificacions

Classificacions

CATEGORÍA PITUFOS
06/01/2019 11:10 100m

CATEGORÍA PREBENXAMÍN
06/01/2019 11:15 200m

CATEGORÍA BENXAMÍN
06/01/2019 11:20 400m

CATEGORÍA ALEVÍN
06/01/2019 11:30 800m

CATEGORÍA INFANTIL
06/01/2019 11:40 1200m

CATEGORÍA CADETE
06/01/2019 11:50 1600m

ABSOLUTA
06/01/2019 12:00 12000m

Informació de contacte

Contactar amb l'organitzador659996670

Reglament

Art 1. A “Carreira Popular de Reis” terá lugar o próximo domingo 06 de Xaneiro de 2019, a partir de las 11:00 h da mañá, sobre un circuito de 100 m para Pitufos, 200m Prebenxamins, 400m Benxamín, 800 m Alevins, 1200m Infantiles, 1600m Cadetes e 12000 m para la competición Absoluta. Con saída e meta no Campo de Fútbol do Cascabeiro en Barreiros.

Art 2. O percorrido para as categorías infantiles será dentro do propio recinto do campo de fútbol. O percorrido para as categorías absolutas será por pistas asfaltadas e camiños de terra compacta, nun circuíto de 6.000 m. ó que teremos que dar dúas voltas. Distancia aproximada 12 km.

Art 3. A carreira está organizada polo ACIAM Barreiros e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil, Barreiros Mar e Monte, Bar Moderno, C.F. Celta, Club Ciclista Barreiros, Gadis, Eroski, Deputación provincial e Run Foz Run eventos deportivos.

Art 4. A clasificación oficial publicarase os días posteriores á celebración do evento na web Sportmaniacs, na web carreirapopulardereis.jimdo.com e nas redes sociáis dos organizadores.

Art 5. A inscrición estará limitada a 300 corredores para a carreira absoluta e 300 corredores para as categorías inferiores. As inscricións online poderá formalizarse a partir do Venres 14 de Decembro de 2018 ata o Venres 04 de Xaneiro de 2019 ás 23:59h. O prezo da inscrición será totalmente gratuíto para as categorías inferiores, ata cadete. Para a categoría absoluta o prezo será de 5€. Realizaranse inscricións presenciais de carácter extraordinario (si quedan dorsáis disponibles e fora de concurso) o día da carreira dende as 10:00h ata as 11:00h a un prezo de 2€ para categorías inferiores e de 8€ para a categoría absoluta.

Art 6. Os atletas inscritos poderán retirar os dorsáis o mesmo día da carreira (06/01/2019) na carpa da organización situada na zona de saída no Campo de Fútbol do Cascabeiro de Barreiros dende as 09:00h ata as 11:00h.

Art 7. Todo aquel que participe no evento sin estar inscrito, sin dorsal ou manifeste unha actitude antideportiva ou que poña en risco a seguridade de terceiros non opta a ninguna das prerrogativas ás que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente e poderá ser retirado da competición.

Art 8. Será descalificado todo corredor que non faga o percorrido completo, manifeste un comportamento antideportivo, non faga caso das indicacións da Protección Civil e dos voluntarios que estarán repartidos polo percorrido ou non cumpra as normas establecidas nestas bases. Os regulamentos da IAAF, da RFEA e da Federación de Atletismo de Galicia terán carácter supletorio.

Art 9. O feito de inscribirse neste evento implica que cada participante está en perfecto estado de saúde e apto para a proba deportiva. A organización non se fará responsable dos danos que os participantes poidan sufrir eles mesmos ou ocasionar a terceiras personas durante a celebración do evento. Todo corredor que presente un mal estado físico, a xuizo da organización, deberá abandonar a competición inmediatamente.

Art 10. Categorías e premios: As categorías pitufos e prebenxamín, serán non competitivas e haberá medallas para tódo-los participantes, no resto de categorías haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como feminino. Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico. A entrega de trofeos será ás 13.30 h. aprox., na liña de meta.

CATEGORÍAS DE MENORES:

PITUFOS: NADOS 2014 - 2018 / 100 m. – Carreira non competitiva

PREBENXAMIN: 2013- 2012/ 200 m. – Carreira non competitiva

BENXAMIN: 2011 – 2010 / 400 m. (1 volta campo de fútbol)

ALEVIN: 2009 – 2008 / 800 m. (2 voltas campo de fútbol)

INFANTIL: 2007 - 2006 / 1.200 m. (3 voltas campo de fútbol)

CADETE: 2005- 2004 / 1.600 m. (4 voltas campo de fútbol)

CATEGORÍAS ABSOLUTA:

PROMESA: 1999 – 2003 / 12 km.

SENIOR: Ata os 34 anos / 12 km.

VETERANO A: 35 a 44 anos / 12 km.

VETERANO B: 45 a 55 anos / 12 km.

VETERANO C: Mais de 55 anos / 12 km.

Art 11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados polos organizadores. Non está permitido acompañar aos corredores (marcar o ritmo de algunha forma). Ademáis, todo-los participantes levarán obligatoriamente no peito, durante toda a carreira, o dorsal orixinal perfectamente visible. Será descalificado todo aquel atleta que entre en meta sin él. Asimismo será descalificado a todo aquel que nalgún momento da proba leve colocado o dorsal asignado a outro participante que non sexa él mesmo.

Art 12. Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.

Art 13.Calquer tipo de reclamación relativa á competición deberá facerse por escrito e presentando o DNI ao director da carreira ou organizador da mesma.

Art 14. Calquer aspecto relativo ao evento que non aparezca nestas bases quedará baixo a supervisión e/ou xuizo do comité organizador e o director da carreira.

Art 15. A organización poderá modificar os horarios e/ou o percorrido do evento si as circunstancias así o esixísen (meteorolóxicas, seguridade…) De producirse estas circunstancias e modificacións, informaráse o antes posible aos afectados.

Art 16. A inscrición na presente proba da dereito a seguro de accidentes, avituallamento líquido a metade da carreira, avituallamento líquido e sólido ó remate da mesma, calquer agasallo que a organización poida conseguir para o evento.

Art 17. Os atletas terá á sua disposición duchas e vestiarios no Campo de Fútbol do Cascabeleiro.

Art 18. Ó remate da carreira e da entrega de trofeos e de forma opcional, celebrarase unha comida no Café Bar Moderno de Barreiros. Os prezos para adultos (participantes e acompañantes) será de 10 € por persoa. O menú infantil será de 5 €. Para apuntarse deberán chamar ó tfno. 982 124 085.

Art 19. Horarios importantes para lembrar: Os horarios son aproximados; poden sufrir pequeñas variacións dependendo do desenrolo do evento.

DOMINGO 06 DE XANEIRO DE 2019:

09:00H A 11:00H RECOLLIDA DE DORSÁIS.

11:10H SAÍDA CATEGORÍA PITUFOS.

11:15H SAÍDA CATEGORÍA PREBENXAMÍN.

11:20H SAÍDA CATEGORÍA BENXAMÍN

11:30H SAÍDA CATEGORÍA ALEVÍN.

11:40H SAÍDA CATEGORÍA INFANTIL.

11:50H SAÍDA CATEGORÍA CADETE.

12:00H SAÍDA CARREIRA ABSOLUTA.

13:35H ENTREGA PREMIOS.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Llegir més   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼