30 Apr 2023, Mazaricos

VII BTT os picos de Mazaricos

Classificacions

Classificacions

Ruta larga
30/04/2023 10:00 45km

Ruta Corta
30/04/2023 10:00 35km

Informació de contacte

Contactar amb l'organitzador649864393

Reglament

1.- O Concello de Mazaricos, organiza a VII Ruta BTT de Mazaricos que terá lugar o Domingo 30 de abril do 2023, cun percorrido de 45 km. de dificultade Media. A mesma será de carácter non competitivo.
A saída terá lugar ás 10:00 horas no “Campo da feira” en A Picota.

2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición (Edad mínima de participación 13 años cumplidos en el momento de la inscripción y con permiso paterno hasta los 18 años)


3.- O prazo de inscrición finalizará o día 28 de abril ás 23:59 horas. A inscrición farase efectiva mediante a paxina web do Concello de Mazaricos. A cuota de inscrición, é 10€

Os participantes que se inscriban a partir do mércores 26, no tendrán el dorsal personalizado, unicamente figurará el dorsal con número

A inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos, obsequios que se entreguen e o servizo de lavado de bicicletas gratuíto ó final da proba
Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.


4.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:45, do día 30 de abril de 2023 no Polideportivo Municipal da Picota. A saída efectuarase ás 10:00. A recollida de dorsais farase de xeito individual,presentando DNI.


5.- O emprego do casco é obligatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. O Concello non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da marcha.


6.- O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Mazaricos, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.


7.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.


8.- En todo momento respetaranse e acataranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.


9.- A Organización contará con servizo de ambulancia e médico, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil e accidentes, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
10.- A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.


11.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Llegir més   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼