29 Oct 2023, Piñor

ANDAINA E TRAIL SAUDABLE DO OUTONO 2023

Classificacions

Classificacions

Trail
29/10/2023 11:00 14km

Informació de contacte

Contactar amb l'organitzador988403226

Reglament

  1. DATA: domingo 29 de outubro de 2023.

  2. ORGANIZA: Concello de Piñor.

  3. INFORMACIÓN DAS PROBAS:

O Concello de Piñor conta cun entorno paisaxístico e cultural singular polo que para promocionalo e fomentar estilos de vida saudable organiza as seguintes probas:

A. TRAIL: 14 KM

- LUGAR DE SAÍDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO.

- SAÍDA TRAIL: 11:00 horas.

- DIFICULTADE: media

- CATEGORÍAS:

  • VM1Veteranos I, dende 1978 e anteriores.

  • VF1Veteranas I, dende 1978 e anteriores.

  • SM Sénior masculino, dende o 2000 ata 1979.

  • SF Sénior femenina, dende 2000 ata 1979.

  • 3 General masculino e femenino.

  • 3 Local masculino e femenino.

B. ANDAINA: 14 KM

- LUGAR DE SAIDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO.

- SAIDA ANDAINA: 10:00 horas.

- DIFICULTADE: media.

Será de velocidade libre pero existen horas de corte.

A ruta da andaina e do trail é circular, con saída e chegada no pobo de Arenteiro, no Campo da Festa.

O percorrido pasa polos núcleos rurais de Arenteiriño, Albarona, Piñor e Barrán, amosa un gran valor paisaxístico e etnográfico do Concello, pasando polas ribeiras do Río Arenteiro, destacando a súa fervenza chamada Fervenza do Peilán, e de seguido a Fábrica de Papel de Lousado.

  1. PARTICIPACIÓN.

Andaina: poderán participar maiores de idade e os menores acompañados de un adulto.

Trail: poderán participar maiores de 16 anos. (Os participantes menores de 18 anos con autorización).

  1. INSCRICIÓNS.

As inscrcicións para participar na Andaina e no Trail realizaránse en:

PRAZO: ata as 23:59 do mércores 25 de outubro de 2023

* Non se admitirá participación e inscrición fóra de prazo baixo ningún concepto.

As prazas para o desenvolvemento das probas deportivas son LIMITADAS.

6. CUSTE DA INSCRICIÓN

  • TRAIL: 10,00 €

  • ANDAINA: 8,00 €

Todos /as os/as participantes recibirán un agasallo conmemorativo da proba.

7. RECOLLIDA DE DORSAIS E DUCHAS

Os dorsais recolleranse a partir das 9:00 h do 13 de novembro no lugar de saída das probas no Campo da Festa Arenteiro.

As duchas estarán situadas aproximadamente a 2 km do lugar da celebración da proba., na localidade de Cotelas. (https://goo.gl/maps/CLqVL21sviejmpcH9).

8. PREMIOS.

  • Premio para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría do trail.

  • Haberá agasallos sorpresa para os participantes da andaina.

* Os premios non serán acumulativos, no caso de dúbida poderase pedir o track gps por parte da organización.

* NON HABERÁ PREMIOS ECONÓMICOS.

7. SINALIZACIÓN E CONTROIS

O percorrido estará sinalizado con postes de madeira, carteis informativos, cintas e marcas. Ademais nos puntos máis conflitivos haberá persoal de Protección Civil e da organización.

8. SERVIZOS MÉDICOS

A organización contará con servizo médico e ambulancia dende antes do inicio e ata finalizar a proba deportiva. Tamén contará con persoal de Protección Civil.

9. SEGURO.

Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos.

10. INDICACIÓNS DE INTERESE XERAL.

  • Respectar o entorno natural e non deixar os residuos tirados, depositalos nas zonas habilitadas.

  • Zona de aparcamento amplia no lugar de saída da proba.

11. OUTRAS CONSIDERACIÓNS.

• A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior.

• Por o feito de tomala saída, todos/as os/as participantes/as aceptan o presente regulamento.

Documento asinado electrónicamente á marxe

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Llegir més   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼