Результаты
MPMarin 25km
24.2км
MPMarin 15km
15км
Контактная информация
Базовая информация
- Время и место проведения соревнования
- Alameda Rosalia de Castro - Marín
- Выдача нагрудных номеров
- Recogida anticipada dorsal, Sábado de 11:00-13:30 e de 17:30-19:30. No Palco da música Alameda Rosalía de Castro- Marín. Domingo 25km 07:45 8:45 15km 08:00 09:00
- Политика возврата
- NO SE CONTEMPLAN
Регламент
PECHE DE INSCRIPCIÓNS 20/02/2023 AS 23:59h
REGLAMENTO 25km
A VIII Andaina Montes e Praias de Marín, forma parte de dous calendarios oficiais:
-
LIGA IBÉRICA DE SENDERISMO 2023 ( FEDME – FCMP - FAM)
A LIS agrupa probas de senderismo de España, Andorra e Portugal. No siguiente enlace tendes información sobre esta liga e o regulamento
https://misendafedme.es/liga-iberica-de-senderismo/
-
LIGA XUNTA DE GALICIA DE SENDERISMO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO 2023.
O regulamento será aprobado pola comisión delegada da Federación Galega de Montaña antes da celebración da proba. Trátase dunha liga na que so computa a participación, polo que os andaríns FEDERADOS que rematen a proba na que estén inscritos dentro dos tempos establecidos sumarán os kilómetros realizados nesa proba. Haberá unha clasificación individual masculina e femenia, así mesmo tamén haberá unha clasificación por equipos. Para cada equipo sumarán puntos un MÁXIMO DE 8 ANDARÍNS .Unha vez rematada a proba se pasa o listado dos que teñan rematada a proba dentro do tempo establecido, e a federación é a encargada de asgnar os km os equipos nos que está federado cada participante.
Na web da federación galega se publicará o longo da semana seguinte a celebración da proba a listaxe de federados que teñen rematado a proba, así como a suma de km de cada equipo. Unha vez publicado a listaxe haberá dez días para que cada andarín o club poida presentar a solicitude de corrección dos datos ( aportando diploma, informe do organizador local, ….)
-
Competición de regularidade
Haberá unha clasificación de regularidade nesta proba, se trata dunha competición que consta UNICAMENTE desta proba, e na que non se acumularán puntos, nin clasificacións para ningún tipo de liga, open ou similar.
Durante a proba se tomarán tres tempos intermedios, que combinados coa distancia de cada tramo, darannos un tempo por kilómetro. As diferencias entre o dato de cada tramo e o da velocidade media da proba daranos un número. O andarín que teña o número inferior será o vencedor da proba. En caso de que exista empate será gañador o que entre antes en meta.
A proba de 25 km conta con un tempo mínimo e un tempo máximo de 6 horas, pero aqueles andaríns que tarden mais de cinco horas e trinta minutos en realizar a proba terán unha penalización consistente en multiplicar por dez o resultado da súa desviación.
A través da APP de Saudeter, teredes no voso teléfono móvil a información dos datos de cada tramo e o remate da proba teredes a vosa puntuación, as 14:30 se sacarán as clasificacións dos vencedores. Se establecen as seguintes categorías:
Categoría absoluta, masculina e femenina
-
Menores de 40 anos
-
40-49
-
50-59
-
60-69
-
Maiores de 70
O rematar a súa participación cada andarín será responsable de comprobar os datos que figuran na aplicación e efectuar a reclamación pertinente na mesa de cronometraxe, a partir das 14:30 non se poderán facer mais reclamacións.
Haberá unha clasificación por equipos, masculinos e femenino. Participarán aqueles equipos que teñan un mínimo de catro participantes que rematen a proba antes das 14:30. Se sumará o posto dos catro primeiros clasificados de cada equipo e gañará o que teña o número mais baixo. Se collerán os nomes dos equipos facilitados no momento da inscripción e non se permitirán facer cambios dos nomes de equipos xa facilitados no momento da inscripción
El dato de la regularidad saldrá de la siguiente formula:
-
Regularidad dttt- d1t1+dttt- d2t2+dttt- d3t3+dttt- d4t4*10.000
tt Tiempo total empleado en realizar la prueba
t1 Tiempo empleado en realizar el tramo comprendido entre la salida y el primer pto control
t2 Tiempo empleado en realizar el tramo comprendido entre el primer pto y el segundo y así sucesivamente
dt distancia total recorrida en la prueba
d1 distancia entre la salida y el primer punto de control
d2 distancia entre el primer punto de control y el segundo punto de control y así sucesivamente
REGLAMENTO 15km-
A andaina de 15 km de MPMarin está pensada para facilitar a participación de todo o mundo, o tempo máximo para realizar a andaina é de 5 horas e o tempo mínimo será de duas horas e media.
-
Nos primeiros catro km atravesaremos polo interior da Escola Naval Militar de Marín para continuar pola costa ata comezar a subida cara o interior do concello. Nestes primeiros km contaremos cun ritmo máximo controlado ata o momento no que nos adentremos na zona de monte.
-
Nesta edición temos suavizado mais o percorrido apostando por sendeiros que fagan mais cómodo o percorrido. Contamos cun avituallamento sólido e líquido a metade do percorrido e contaremos con voluntarios que vos acompañarán no medio do percorrido a maiores dos peches da andaina.
-
O percorrido estará marcado con cintas do Concello de Marín e frechas no asfalto e levará os andaríns por corredoiras e entornos naturais, pero tamén históricos como un dos dolmen mais antigo do noroeste da Península.
-
Queda totalmente prohíbido correr e deixar tirado lixo de calquer tipo, contaremos con recipientes nos avituallamentos para a recollida do lixo ( non haberá vasos e cada un terá que levar o seu recipiente para beber). Será obrigatorio seguir en todo momento as indicacións dos voluntarios que irán identificados.
-
No caso de que na ruta vaian acompañados do seu can este deberá de ir amarrado e deberán de posicionarse o final da xente a hora de tomar a saida.