05 авг 2023, Baños de Molgas

XIV CARREIRA POPULAR SAN SALVADOR DE BAÑOS DE MOLGAS

Результаты

Результаты

7 K
05/08/2023 20:00 7км

Infantil/Cadete
05/08/2023 19:30 2.3км

Контактная информация

Связаться с организатором621125850

Регламент

1º - PERCORRIDO:

Circuíto urbano con saída e chegada nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña.

2º - HORARIOS:

Os horarios da carreira serán os seguintes:

- 19:00h: Pitufos (150 m)

- 19:15h: Benxamín/Alevín (750 m)

- 19:30h: Infantil/Cadete (2.300 m)

- 20:00h: Xuvenil, Promesa, Senior e Veteranos (7.000 m)

3º - CATEGORÍAS

As categorías da carreira serán as seguintes:

- Pitufos: nacidos no 2016 a 2019

- Benxamín / Alevín: nacidos no 2012 a 2015

- Infantil / Cadete (M-F): nacidos no 2008 a 2011

- Xuvenil (M-F): nacidos no 2004 a 2006

- Promesa (M-F): nacidos no 2001-2003

- Senior (M/F): nacidos no 2000 até veteranos A.

- Veteranos A (M/F): de 35 a 44 anos.

- Veteranos B (M/F): de 45 a 54 anos.

- Veteranos C (M/F): máis de 55 anos.

4º - DISTANCIA:

As distancias da carreira serán as seguintes:

- 150 m Pitufos.

- 750 m Benxamíns e Alevíns.

- 2.500 m Infantís e Cadetes (1 volta).

- 7.000 m Resto de categorías (3 voltas).

5º - PREMIOS:

Os premios da carreira serán os seguintes:

CUADRO DE TROFEOS

Medallas

Trofeos

Pitufos

Medallas

Todos

Benxamín/Alevín

Medallas

Todos

Infantil

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Cadete

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Xuvenil

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Promesa

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Senior

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Veteranos A

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Veteranos B

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Veteranos C

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Mellor atleta local

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

Atleta maior idade

Trofeo 1º Clasificado

1

Clasificación Absoluta (7Km)

Trofeo 1º Clasificado

Masculino

Feminino

1

1

¡¡¡OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS!!!

6º -INSCRICIÓNS:

Faranse na APP SAUDETER LIVE

SAUDETER APPLE IOS

SAUDETER ANDROID

Será obrigatorio, nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, número de licenza federativa (os federados), nome do clube, teléfono de contacto e correo electrónico.

O custo de inscrición será de 6 para os participantes da carreira de 7 Km, sendo para o resto dos participantes totalmente gratuíta.

O prazo de inscrición na Carreira Popular Absoluta (7 Km) remata o mércores, 2 de AGOSTO, ás 23:59h horas ou ao completar 250 inscritos.

OS PITUFOS DEBERÁN ANOTARSE!!!

(Pero poderán facelo directamente nas oficinas municipais ou no 988 430 000)

7º -DORSAIS:

Entrega o sábado 5 de AGOSTO, de 17:00 a 19:30 horas, para os participantes da carreira dos 7 Km, nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito.

Nas categorías menores a recollida do dorsal poderá facerse até 30 minutos antes da saída da proba.

8º -SERVIZO DE AMBULANCIA E PROTECCIÓN CIVIL

Contaremos coa colaboración de varias agrupacións de voluntarios de Protección Civil e dunha ambulancia medicalizada durante o evento.

9º -A ORGANIZACIÓN DECLINA TODA RESPONSABILIDADE respecto ós incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que lle poidan acontecer ós participantes desta carreira.

10º -DESCALIFICACIÓNS:

Serán motivos, entre outros, os seguintes:

  • Non realizar todo o circuíto da carreira.
  • Non levar dorsal ou levalo manipulado.
  • Falsear os datos persoais.

11º -CONTROL:

A Carreira Popular será controlada polos Xuíces da Organización que terán como máximo responsable ao Xuíz Arbitro.

Ao longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para aquel/a que cometa algunha irregularidade.

Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos/as participantes o mellor espírito deportivo.


13º -INFORMACIÓN:

Para a Carreira: 621125850 / 680356775

Para outro tipo de información: Concello de Baños de Molgas (988 430 000 de luns a venres, de 9 a 14 horas).

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Подробнее   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼