24 сен 2023, Piñor

I RUTA DA PRATA

Результаты

Результаты

I BTT RUTA DA PRATA
24/09/2023 09:30 38км

Контактная информация

Связаться с организатором649288727

Регламент

DÍA E LUGAR

A I BTT RUTA DA PRATA - CONCELLO DE PIÑOR celebrárase o día 24 de setembro de 2023 con saída e chegada no Campo de Arenteiro (Concello de Piñor).

HORARIO

A saída será ás 9:32 horas.

PERCORRIDO

38 km e 840 m de desnivel positivo.

PARTICIPACIÓN

Nesta I BTT RUTA DA PRATA - CONCELLO DE PIÑOR poderá participar calquera persoa maior de 16 anos ata un máximo de 250 participantes.

Cada participante fará uso obrigatoriamente do casco e do dorsal personalizado asignado pola organización.

INSCRICIÓNS

Para poder participar na I BTT RUTA DA PRATA - CONCELLO DE PIÑOR, deberase estar previamente inscrito na plataforma SPORMANIACS ou na APP DE SAUDETER.

O prazo de inscricións remata o mércores, 20/09/2023 ás 23:59 horas.

PREZO

O importe da inscrición é de 12€ para todos os participantes, Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos...

MARCAXE

O recorrido estará sinalizado con cinta de balizar, bandeirolas de cor vermella sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.

AVITUALLAMENTOS

Existirán 3 avituallamentos. Todos serán líquidos e sólidos. Ao remate da proba haberá tamén un avituallamento líquido e sólido. Ademais haberá papeleiras para abandonar os restos de xeles e demais envoltorios, vasos, etc.. Todos/as os/as participantes, organizadores, colaboradores, ..., debemos ser responsables co medio no que estamos a desenvolver esta actividade.

CLASIFICIACIÓN

A I BTT RUTA DA PRATA - CONCELLO DE PIÑOR é unha proba no competitiva polo quen non se establecerá ningún tipo de clasificación.

OUTRAS

A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas ou a falta de permisos requiridos e necesarios o obrigan ou por forza maior. No caso de efectuar algunha modificación no recorrido, este será comunicado a todos/as os/as participantes por medio das redes sociais.

Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respectar as normas de circulación nos cruces de estrada. En todos os cruces teremos persoal de apoio.

Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos ciclistas en moto, bicicleta, quad por todo o circuíto.

A organización declina toda responsabilidade en caso de neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de rotura de material (bicicleta, casco, gafas, roupa, ...).

Cada participante manifesta explicitamente que libera aos organizadores, patrocinadores, colaboradores, etc. de calquera responsabilidade civil ou doutra índole que se puidera ocasionar durante a participación no I BTT RUTA DA PRATA - CONCELLO DE PIÑOR: accidentes, lesións, danos propios ou a terceiros, asumindo cada un dos participantes as consecuencias e responsabilidades que se poidan ocasionar pola participación na mesma.

PROTECCIÓN DE DATOS

Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.

Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable o OURENSE TERMAL C.C.. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, adaptada á Normativa Europea (UE) 679/2016.

I DESAFÍO BTT X TERRAS DE OURENSE 2023

A I BTT RUTA DA PRATA - CONCELLO DE PIÑOR forma parte do I DESAFÍO BTT X TERRAS DE OURENSE 2023. O que participante que tome a saída nas seguintes probas recibirá un obsequio por parte dos catro clubs organizares.

3 de setembro – XI ROTEIRO BTT PARROIRA BIKE – A. D. Ovala2.

17 de setembro – III BTT ROTEIROS DE SAN XOÁN – C. C. Taboadela Bike.

24 de setembro – I BTT RUTA DA PRATA – Concello de Piñor – Ourense Termal C. C.

1 de outubro – III BTT TERRAS DE CEA – MPC Terras de Cea.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Подробнее   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼