Classificações
XVIII CAMIÑADA DE MONTAÑA DE ENTRIMO
22/04/2023 09:00
50Km
Informação de contacto
Informação Básica
- Horário e localização da corrida
- PLAZA DO CONCELLO
- Levantamento de dorsais
- PLAZA DEL CONCELLO
- Politica de devoluções
- NO HAY
Regulamento
REGULAMENTO DA XVIII CAMIÑADA DE MONTAÑA DE ENTRIMO
O Concello de Entrimo organiza o 22 de Abril do 2023 a XVIII Camiñada de Montaña de Entrimo, para disfrute polos camiñantes dos grandes recursos naturais existentes no Concello e que forman parte do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, declarado Reserva da Biosfera.
REGULAMENTO.
1.- XERAL:
Data: 22 de abril 2023
Hora: ás 9:00 horas ata 21.00 horas.
Lugar: Praza do Concello.
Distancias: A Camiñada é de 50 km, dividida en dous bucles de 26 e 24 km.
Inscricións:
Será a través da plataforma de sportmaniacs. https://sportmaniacs.com/es ou da app Saudeter Live. Aboarase una cuota de inscrición de 13 euros (xeral) e de 10 euros (federados). A fecha límite para anotarse será o mércores 19 de abril 2023 ás 23.59 horas. Unha vez inscrito o camiñante non poderá modificar cambios na tituralidade do dorsal nin cancelar o mesmo coa correspondente perdida da inscrición.
Non serán admitidos camiñantes que non estean inscritos ou non posean dorsal, impedindo que teñan acceso a camiñada na defensa dos dereitos dos reglamentariamente inscritos.
Participación:
Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 12 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores. Cada corredor debe ser consciente de que a súa condición física e a adecuada as características da proba, absténdose de participar ante calquera doenza, enfermidade ou outra condición que poña en perigo a súa integridade oi non lle permita terminar a proba.
A organización poderá retirar da proba a todo participante, que a xuizo das persoas que se encarguen do control da mesma, non se atopen en condicións idóneas para continuar.
Os corredores deberán levar en todo momento o dorsal a vista para facilitaro control do mesmo.
Recollida de dorsais:
Os dorsais poderanse recolleranse o día da proba, sábado día 22 de abril na propia casa do Concello dende as 8:20 horas ata as 8.50 horas. Unha vez finalizado o tempo non se permitirá recoller dorsais polo que pedimos que sexamos responsables e respetuosos cos horarios para facilitar o desenrolo da proba.
Agasallos:
Terán un agasallo, a determinar pola organización, os camiñantes inscritos da proba. Avituallamentos para tódolos participantes e degustación de productos típicos unha vez finalizada a proba. Esta camiñada non é competitiva, pero premiarase a participación dos camiñantes que rematen os 50 km coa entrega dun diploma conmemorativo, no que se plasmará o tempo que lle sobrou o caminñante en completar a andaina, sobre un máximo de 12 horas.
Servizos:
· Entrega de dorsais.
. Cronometraxe.
· Puntos kilométricos sinalizados da camiñada por tramos de 5km.
· Avituallamentos nos puntos kilométricos 7 / 15 / 26 / 33 / 42 aproximadamente ou en calquera outro que estime a organización.
· Vestiarios e duchas.
· Aparcamentos.
· Entrega de agasallos.
. Música.
. Comida conxunta.
. Seguro accidentes e R.C.
. Servizo de recollida do camiñante en caso de abandono por imposibilidade física.
Sinalización e Controis.
O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, carteis, sinais e puntos kilométricos cada 5 km, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos que coincidirán cos avituallamentos.
Avituallamentos.
O longo do recorrido haberá varios puntos de avituallamento para repoñer forzas nos puntos kilométricos 7 / 15 / 26 / 33 / 42 aproximadamente ou en calquera outro que estime a organización. Contaremos con avituallamentos líquidos (auga, bebidas isotonicas...) e solidos (froita, frutos secos, barritas enerxéticas...)
Por respeto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin.
Outras consideracións:
- A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados.
- A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
- A organización contará cos servizos de comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes na camiñada.
- A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON preparación física ou mental do asistente.
- Por o feito de tomala saída, tódol@s participantes/as aceptan o presente regulamento.
Ano 2023.