dim. 02 juil. 2023 00:00:00, Cuntis

X andaina Vila de Cuntis - Spacio Salud

Classements

Classement

Andaina Corta
02/07/2023 09:05 14km

Andaina Longa
02/07/2023 09:00 23km

Information de contact

Contacter l'organisateur607413942

Règlement

A andaina conta con dúas distancias, 14 km e 24,50 km. O principal obxectivo desta proba é fomentar, entre todos os veciños e participantes, a práctica do sendeirismo como un dos pilares dunha vida saudable, e visibilizar o traballo realizado pola Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia – ASANOG.

Estas 2 andainas forman parte da Liga Xunta de Galicia de sendeirismo FGM e da Liga Ibérica de Senderismo FEDME.

DATA E HORA DA PROBA

A proba terá lugar o domingo 2 de xullo de 2023 ás 9.00 h, e tanto a saída coma a chegada será desde a Praza das Árbores, s/n (centro da Vila).

RECOLLIDA DOS DORSAIS

Os dorsais poderanse recoller o domingo 21 a partir 7:30 h na Praza das Árbores, s/n.

PERCORRIDO

Transcorrerá integramente dentro do concello de Cuntis. Será na súa práctica totalidade por camiños e pistas cruzando en varias ocasións algunha estrada local ou comarcal. Nestes puntos haberá que prestar atención e seguir as indicacións dos voluntarios e axentes da autoridade. Todo aquel que non siga as instrucións quedará inmediatamente excluído e deberá abandonar a proba. A todos os participantes se lle facilitará un mapa co detalle do percorrido. E fundamental ter en conta o medio polo que nos imos mover, especialmente nos tramos a beira do río, xa que existe a probabilidade de esvarar e caer polas pedras pola humidade existente.

PERFIL

Tanto a proba de 14 km, como especialmente a de 23km, terán lugar sobre un terreo nalgunhas ocasións accidentados e con ascensións. É preciso ter un mínimo de forma física para a proba de 14 km, e no caso da proba máis larga será necesario estar en boa forma xa que o desnivel positivo é de aproximadamente 1000 metros.

INSCRIPCIÓNS

Poderán participar todas as persoas que o desexen cun límite de 350 participantes. Os menores de 16 anos deberán ir acompañados en todo momento por unha persoa responsable maior de idade. A inscrición poderase facer ata o dia 28 de xuño na páxina web de SAUDETER.


PREZOS

Para os/as federados/as o prezo é de 10€ e para os/as non federados/as 13€.

Non se devolverá o importe da inscrición salvo causas de forza maior, debidamente xustificadas e apreciadas pola organización deste evento.

Deste prezo, o CdM Xesteiras, comprométese a colaborar coa asociación ASANOG, con 2€ por participante. Habilitarase unha fila cero para calquera persoa que queira facer a súa achega a favor desta causa.


SINALIZACIÓNS E CONTROIS

O percorrido estará sinalizado con bandeirolas amarelas e vermellas.

A organización poderá cambiar os tempos de corte en función das condicións do terreo, dichas modificacións serán comunicadas antes do inicio da proba.

Os participantes portarán o dorsal nun sitio claramente visible, preferentemente no peito.

AVITUALLAMENTOS

Haberá 3 avituallamentos para os/as participantes da ruta larga e 2 para os da ruta corta. En todos haberá líquido e sólido.

ABANDONO

O abandono realizarase nalgún dos postos de control ou avituallamento informando para elo o persoal da organización. Se por causa de lesión ou accidente o andarín queda inmobilizado deberá avisar a organización ou a outro participante que a súa vez informará a organización.

A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que estime oportunas no percorrido e programa, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por outro caso de forza maior.

Os participantes están obrigados a auxiliar os accidentados así como a dar aviso a organización.

DESCALIFICACIÓN

Quedará descalificado, con todo o que supón, todo aquel que:

  • Non cumpra o presente regulamento.
  • Non pase polos controis establecidos.
  • Non complete a totalidade do percorrido na opción na que estea inscrito.
  • Corra con outro dorsal ou falsifique os datos de inscrición.
  • Non siga as indicación da organización.
  • Todo aquel que deteriore ou ensucie o entorno non poderá participar en sucesivas edicións

RECOMENDACIÓNS

Estamos ante unha proba de dificultade media-alta que discorre por unha zona de natureza que en casos non ten presenza humana habitualmente. Por todo iso recomendase estar en boa condición física, e especialmente se chove ter en conta o perigo das zonas técnicas e con pedras na beira do cauce do río. Recomendamos o uso de:

  • Calzado e vestimenta adecuada para a montaña.
  • Recipiente para líquido.
  • Gorra o sombreiro, gafas de sol e crema de protección solar.
  • Chifre.
  • Móbil con batería.

A proba conta cos seguros que marca a lexislación actual pero declina toda responsabilidade no caso dun accidente por neglixencia así como dos obxectos que porte cada participante.


⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Lire plus   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼