31 Dec 2021, Castrelo de Miño

XXIII CARREIRA SAN SILVESTRE DE CASTRELO DE MIÑO

Sailkapenak

Sailkapenak

CARRERA MENORES
2.75km

CARRERA ADULTOS
5.5km

Kontaktuaren informazioa

Antolatzailearekin harremanetan jarri670267317

Informazio orokorra

Probaren ordua eta lekua
LUGAR: PARQUE NAUTICO CASTRELO DE MIÑO SALIDA MENORES: 16:30 SALIDA ADULTOS: 16:30
Dortsalen banaketa
Días 29, 30 y 31 Casa do Concello de Castrelo de Miño de 08:30 a 15:00 h. Día 31 de 15 a 16 h. en el Parque Náutico
Itzultze politika
No se contemplan, salvo suspensión por COVID-19.

Araudia

XXII CARREIRA SAN SILVESTRE DE CASTRELO DE MIÑO REGULAMENTO

A proba está incluida no calendario autonómico oficial da Federación Galega de Atletismo e estará cronometrada e controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo

I.- Organización O Concello de Castrelo de Miño coa colaboración do Club Naútico de Castrelo de Miño e da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a San Silvestre de Castrelo de Miño, que se celebrará o 31 de decembro de 2021, coa colaboración do Inorde, Protección Civil de Castrelo de Miño e Ambulancias Bande entre outros

II.- Participación Poderán participar toda clase de corredores, federados ou non federados, mínimo con 12 anos cumpridos o día da proba, sempre que estean correctamente inscritos, na forma e nos prazos establecidos.

III. - Inscricións O número máximo de atletas que poderán inscribirse para a proba será de 200. O prazo de inscripción será do 15 ó 27 de decembro ata ás 23:59 horas, salvo que se agoten os dorsais con anterioridade ó día de peche. A inscripción realizarase a través de: https://https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/xxxii-carreira-san-silvestre-de-castrelode-mitildeo A cota de inscripción será de 1’50 euros para os menores de 16 anos e de 3 euros para o resto dos participantes. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe, agás no suposto de suspensión da proba por restricións para facer fronte á COVID-19 que veñan determinadas pola autoridade competente.

IV. - Recollida de dorsais e Chips Os dorsais e chips entregaránse preferentemente os días 29, 30 e 31 de decembro na Casa do Concello de Castrelo de Miño en horario de 08:30 a 15:00 h., excepcionalmente o día 31 entregaránse en horario de 15:00 a 16:00 horas no Parque Náutico. XXII CARREIRA SAN SILVESTRE DE CASTRELO DE MIÑO Para retirar o dorsal cada participante deberá amosar o certificado de vacinación COVID-19 ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 h. á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal no peito en todo momento, sen dobrar nin ocultar, ben visible.

V. - Percorrido A carreira disputaráse sobre un circuito de 2,75 Km. con saída e meta no Parque Naútico de Castrelo de Miño según o plano adxunto a este regulamento. Os participantes na carreira ESCOLAR darán 1 volta ao circuito, 2,75 Km. Os participantes na carreira ABSOLUTA darán 2 voltas ao circuito, 5,5 km. A organización poderá modificar o percorrido previsto por motivos de seguridade ou por causa de forza maior.

VI. - Horario e Saída A saída da carreira ESCOLAR (de 12 a 15 anos inclusive) terá lugar ás 16:00 horas. A saida da carreira ABSOLUTA (de 16 anos e maiores) terá lugar ás 16:30 horas. A Saída e Meta estará situada no Parque Naútico de Castrelo de Miño. Os/as atletas deberán permanecer na zona de saída coa máscara e deberan saír correndo coa máscara posta, podéndoa retirar transcorridos os suficientes metros que garantan a distancia de seguridade. A máscara poderá ser gardada polo atleta que a poderá portar durante a carreira, poderá correr con ela se así o desexa ou poderá ser quitada e tirada nos contenedores habilitados ó respecto.

VII. - Premios Haberá premios para as 5 primeiras mulleres e para os 5 primeiros homes da carreira absoluta. Haberá premios para as 5 primeiras mozas e para os 5 primeiros mozos da carreira escolar. Ao rematar a proba realizarase o acto de entrega de premios e haberá chocolate quente para tódolos participantes.

VIII. - Seguros e Servizos Médicos Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e cun Seguro de Accidentes. É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. Haberá servizo de ambulancia para a atención dos participantes. Quedan excluídos, da cobertura destes seguros, os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde este á orixe,da normativa de competición, etc.

IX. - Declaración Responsable O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do/a atleta dos datos que aporta. No momento de formalizar á inscrición, os participantes estarán declarando a súa responsabilidade sobre os seguintes termos: - Que antes de saír cara a actividade deportiva teño realizado o auto test do SERGAS, non manifestando ningún síntoma de COVID-19 (febre, tose, ou falta de alento). - Que teño lido, entendido, aceptado e me comprometo a cumprir o prtocolo de prevención COVID-19 desta proba, colaborando en todo o posible coa Orgnaización. - Que cumpro os requisitos de admisión establecidos no documento Protocolo COVID-19 da obriga de información e consentimento informado, non sendo grupo de risco. - Que non convivo con ninguén que sexa grupo de risco, ou que no caso de que así sexa, participa na actividade baixo a súa propia responsabilidade. - Que son consciente dos riscos que implica a participación na actividade no contexto da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que asumo baixo a miña propia responsabilidade. Esta declaración responsable fará referencia ao mesmo día da proba. Polo que, no caso de non poder cumprir algún dos ítems anteriores, o/a atleta non tomará parte na proba. Aqueles participantes e acompañantes que veña de fóra de Galicia e/ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica COVID, inescusablemente deberán comunicalos de forma veraz ao Servizo Galego de Saúde a través de https://www.sergas.es/Saudepublica/benvida-viaxeiros no que ademáis se especifican cales son estas zonas. Esta comunicación deberá ser completada por cada un dos viaxeiros/as, que serán responsables de que a información subministrada sexa veraz e precisa. En caso de menores de idade, persoas dependentes ou incapacitadas, a declaración será cuberta polo seu titor, que se fará responsable da veracidade da información subministrada.

X. - Descualificacións Serán motivos de descualificación, entre outors, os seguintes: - Non realizar todo o circuíto da carreira. - Non levar dorsal visible por diante. - Manipular o chip. - Falsificar datos persoais. - Suplantación de identidade. Todo/a aquel/a atletas descualificado/a recibirá unha máscara e deberá retirar o seu dorsal e abandoar o circuito de forma inmediata. Os servizos médicos, o xuíz árbitro da competición e o persoal da organización, están facultados para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifesta un mal estado físico evidente.

XI. - Reclamacións As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30’ despois de comunicarse oficialmente os resultados.

XII. - Normativa Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e, de ser preciso, a normativa RFEA e WA.

ATENTAMENTE LA ORGANIZACIÓN

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Irakurri gehiago   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼