Sailkapenak
Proba Bebés. 2010 en adiante
31/12/2018 16:00
0.1km
Probas de menores. Nados entre o ano 2004-2009
31/12/2018 16:00
4km
Proba absoluta. Nados 2003 e anteriores.
31/12/2018 16:30
8km
Kontaktuaren informazioa
Informazio orokorra
- Probaren ordua eta lekua
- Lugar e hora de saída: Club Náutico Castrelo de Miño, Rúa Alejandro Ferrer, Cortiñas, Ourense, España Categorías menores: 16:00h Proba absoluta: 16:30h
- Dortsalen banaketa
- Os dorsais entregaranse o día da proba no lugar establecido para o mesmo dende as 15:00- 15:50.
- Itzultze politika
- No se admiten devoluciones
Araudia
REGULAMENTO
- Data da proba:
Luns 31 de decembro de 2018.
- Lugar e hora de saída:
Club Náutico Castrelo de Miño.
Categorías menores: 16:00h
Proba absoluta: 16:30h
- Organiza:
BeOne Ourense
Club Atletismo Corredores do Miño.
- Patrocinan:
Concello de Castrelo de Miño
NORMATIVA:
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- Prohibido correr sen dorsal.
- Calquera acción considerada antirregulamentaria pola dirección da carreira ocasionará descualificación.
- A organización no se fai responsable de posibles accidentes por uso de equipos musicais.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
PREMIOS
1º/1ª Clasificado/a absoluto/a Trofeo e 100€
2º/2ª Clasificado/a absoluto/a Trofeo e 60€
3º/3ª Clasificado/a absoluto/a Trofeo e 30€
1º/1ª Clasificado/a na proba de menores Trofeo (AGASALLO)
Medallas conmemorativas para todos os nenos participantes.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para todos/as atletas que rematen a proba co dorsal correctamente colocado, entregando o mesmo na zona habilitada.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba. A parte da chocolatada habitual.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas na piscina municipal de Castrelo de Miño.