27 Apr 2024, Entrimo

XIX CAMIÑA DE MONTAÑA DE ENTRIMO. 50KM

Sailkapenak

Sailkapenak

50 km
27/04/2024 09:00 50km

25 km
27/04/2024 09:00 25km

Kontaktuaren informazioa

Antolatzailearekin harremanetan jarri988434666

Informazio orokorra

Probaren ordua eta lekua
PLAZA DO CONCELLO A TERRACHAN (ENTRIMO)
Dortsalen banaketa
PLAZA DO CONCELLO A TERRACHAN (ENTRIMO)
Itzultze politika
NO SE CONTEMPLAN

Araudia

REGULAMENTO DA XIX CAMIÑADA DE

MONTAÑA DE ENTRIMO

O Concello de Entrimo organiza o 27 de Abril do 2024 a XIX Camiñada de Montaña de
Entrimo, para disfrute polos camiñantes dos grandes recursos naturais existentes no Concello e
que forman parte do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, declarado Reserva da Biosfera.

REGULAMENTO.

1.- XERAL:
Data: 27 de abril 2024.
Hora: ás 9:00 horas ata 21.00 horas.
Lugar: Praza do Concello.
Distancias: A Camiñada é de 50 km, dividida en dous bucles de 25 km aproximadamente. Este
ano como novidade será puntuable tanto a distancia dos 50 km coma os bucles de 25 km.
Cada un deles será puntuable para a Liga de Sendeirismo de Galicia e a Liga Ibérica.
Inscricións:
Será a través da plataforma de sportmaniacs. https://sportmaniacs.com/es ou na app
Saudeter Live. Aboarase una cuota de inscrición de 15 euros (xeral) e de 12 euros (federados). A
fecha límite para anotarse será o mércores 24 de abril 2024 ás 23.59 horas. Unha vez inscrito o
camiñante non poderá modificar cambios na tituralidade do dorsal nin cancelar o mesmo coa
correspondente perdida da inscrición.
Non serán admitidos camiñantes que non estean inscritos ou non posean dorsal,
impedindo que teñan acceso a camiñada na defensa dos dereitos dos reglamentariamente
inscritos.
Participación:
Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 12 anos con autorización dos seus
pais/nais ou titores. Cada corredor debe ser consciente de que a súa condición física e a adecuada
as características da proba, absténdose de participar ante calquera doenza, enfermidade ou outra
condición que poña en perigo a súa integridade ou non lle permita terminar a proba.
A organización poderá retirar da proba a todo participante, que a xuizo das persoas que se
encarguen do control da mesma, non se atopen en condicións idóneas para continuar.

Os corredores deberán levar en todo momento o dorsal a vista para facilitar o control do
mesmo.
Recollida de dorsais:
Os dorsais poderanse recolleranse o día da proba, sábado día 27 de abril no Museo Pura
Santos (antiguo Centro Médico) dende as 8:20 horas ata as 8.50 horas. Unha vez finalizado o
tempo non se permitirá recoller dorsais polo que pedimos que sexamos responsables e
respetuosos cos horarios para facilitar o desenrolo da proba.
Agasallos:
Terán un agasallo, a determinar pola organización, os camiñantes inscritos da proba.
Avituallamentos para tódolos participantes e degustación de productos típicos unha vez
finalizada a proba. Esta camiñada non é competitiva, pero premiarase a participación dos
camiñantes que rematen os 50 km ou 25 km coa entrega dun diploma conmemorativo, no que se
plasmará o tempo que lle sobrou o camiñante en completar a andaina, sobre un máximo de 12
horas.
Servizos:
· Entrega de dorsais.
. Cronometraxe.
· Puntos kilométricos sinalizados da camiñada por tramos de 5km.
· Avituallamentos nos puntos kilométricos 7 / 15 / 26 / 33 / 42 aproximadamente ou en calquera
outro que estime a organización.
· Vestiarios e duchas.
· Aparcamentos.
· Entrega de agasallos.
. Música.
. Comida conxunta.
. Seguro accidentes e R.C.
. Servizo de recollida do camiñante en caso de abandono por imposibilidade física.
Sinalización e Controis.
O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, carteis, sinais e puntos
kilométricos cada 5 km, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos que
coincidirán cos avituallamentos.

Avituallamentos.
O longo do recorrido haberá varios puntos de avituallamento para repoñer forzas nos
puntos kilométricos 7 / 15 / 26 / 33 / 42 aproximadamente ou en calquera outro que estime a
organización. Contaremos con avituallamentos líquidos (auga, bebidas isotonicas...) e solidos
(froita, barritas)
Por respeto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas
para tal fin.
Outras consideracións:
- A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos
accidentados.
- A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos
obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade
no caso de accidente ou lesión.
- A organización contará cos servizos de comunicación e emerxencia de protección civil, así
como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes na
camiñada.
- A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON
preparación física ou mental do asistente.
- Por o feito de tomala saída, tódol@s participantes/as aceptan o presente regulamento.

Ano 2024.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Irakurri gehiago   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼