07 Aug 2022, Bande

XIV ANDAINA e VII TRAIL "CONCELLO DE BANDE"

Sailkapenak

Sailkapenak

TRAIL CORTO
16.5km

TRAIL LARGO
27.498km

Kontaktuaren informazioa

Antolatzailearekin harremanetan jarri650959784

Araudia

Protocolo covid-19: En todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas que estean implicadas no transcurso do evento seguirán as normas sanitarias establecidas, no caso de habelas.

1.- XERAL:

Aproveitando o medio rural e o entorno paisaxístico no que se encontran localizadas as zonas de municipio de Bande, o concello organiza a XIV Andaina popular e o VII Trail.

Participación: Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores.

Horario:

Recollida de dorsais.

A organización con antelación suficiente facilitara a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice para a promoción e información do evento

VENRES, 5 agosto

  • Ourense: na rúa Picasso, nº12 – 32002 O Couto, en horario de 10:00h. a 13:00h.

SÁBADO, 6 de agosto

  • Bande: Concello de Bande de 10:00h. a 13:00h. e de 16:00h. a 20:00h.

DOMINGO, 7 de agosto

  • Bande: dende as 8:00h. ata 8:50.

Por favor, revisa con antelación o teu dorsal para respectar a hora de recollida de dorsais e de saída.

Saída

A saída será grupal tanta para corredores como andaríns as 9:00 h na praza da Constitución.

A saída tamén poderá sufrir modificación por temas COVID informando previamente a todol@s corredor@s.

Entrega de trofeos e pinchos de degustación

14:00 Entrega de trofeos, sorteos de material deportivo (bastóns, mochilas, riñonera...) e diversos pinchos de degustación.

2.- CATEGORÍAS:

Estableceranse as seguintes categorías:

CHICOS:

  • Absolutos
  • Senior < 40 anos.
  • Veterano A de 40 a49
  • Veterano B de 50 a 59.
  • Veterano C de 60 >

CHICAS:

  • Absolutas
  • Senior < 36 anos.
  • Veterana A de 36 a 45.
  • Veterana B de 46 a 55.
  • Veterana C de 56 >

3.- INSCRICIÓNS :

Pódese inscribir na APP “Saudeter Live”, ou na biblioteca municipal, de 9:30h. a 14h., ata o MARTES 2 DE AGOSTO. O custe da inscrición será de 12 euros para participar na andaina e 15€ no trail.

4.- PREMIOS:

  • No trail trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s absulut@s (masculino e feminino, tanto na modalidade do trail longo como de curto e para os primeiros das categorías establecidas (senior, vetA, vetB, vetC).
  • Trofeos para o/a atleta máis veterano/a do trail longo.
  • Trofeos para o primeiro/a estranxeiro/a clasificado/a do trail longo.

Todos os atletas premiados cumpriran estritamente as indicacións da organización e dos

protocolos establecidos para recoller oe trofeos.

Os premios non son acumulativos.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU PASAPORTE.

5.- AGASALLOS

  • Camisetas para os 300 primeiros inscritos da proba, avituallamento para tódolos participantes e sorteos de diverso material deportivo.

6.- SERVIZOS

  • Entrega de dorsais.
  • Puntos kilométricos sinalizados no trail longo
  • Avituallamento cada 4 Km aproximadamente, dependendo da dureza do terreo.

. Roupeiro.

  • Vestiarios e duchas.
  • Aparcamentos.
  • Entrega de premios.

. Música

. Sorteo de material deportivo.

. Comida conxunta fin de proba.

. Seguro accidentes e R.C.

. Servizo masaxista postcarreira.

. Bañeiras de xeo (crioterapia).

7.- SINALIZACIÓN E CONTROIS

  • O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, estacas, sinais, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos.
  • Estará sinalizado o recorrido cada 300 m ou en puntos conflitivos

Quedarán fóra da competición tódol@s atletas que nos superen o primero tramo14km en menos de 2:45 debendo entregar o dorsal e quedar en dita zona para regresar a Bande.

8.-AVITUALLAMENTOS

Por respecto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin. Haberá 7 avitullamentos o longo do percorrido:

  • Dous líquidos.
  • Cinco sólidos e líquidos.

Trail longo

Sarreaus km 2,5 Liquido

Corvelle km 7 Liquido e sólido

Estrada Pereira km9,7 Liquido e sólido

Cadós km 13,5 Liquido e sólido

Souto 17km Liquido e sólido

PG 19km Líquido

Minicentral 22,6km Liquido e sólido

Trail curto

Sarreaus km 2,5km Liquido

Estrada Pereira km 4,5km Liquido e sólido

Cadós km 8km Liquido e sólido

Minicentral 12 Liquido e sólido

9- OUTRAS CONSIDERACIÓNS

  • A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados.
  • A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
  • A organización contará cos servizos de ambulancia, médico, comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para cada un dos participantes de ambas probas.
  • A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON preparación física ou mental do asistente.
  • Por o feito de tomala saída, tódol@s participantes/as aceptan o presente regulamento.
⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Irakurri gehiago   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼