09 Mar 2024, Barbadás

1º CARREIRA POLA IGUALDADE -BARBADÁS

Sailkapenak

Sailkapenak

CARREIRA
09/03/2024 11:00 4km

Kontaktuaren informazioa

Antolatzailearekin harremanetan jarri988263519

Araudia

Reglamento Carreira Alternativa Barbadás

A primeira edición da Carreira Alternativa Barbadás 2024, será o sábado 9 de marzo as 11:00 na Valenzá, con saída do Polideportivo Municipal e pasando pola avenida de Celanova.

Participación

Poderán participar nesta proba todas aquellas mulleres, homes, nenas e nenos que o desexen, sempre e cando estén perfectamente inscritas, tanto en tempo como en forma.

Esta prohibida a participación na proba sen o dorsal oficial da proba.

Participación de menores

Os menores de 18 anos deberán acreditar unha autorización da nai/pai ou tutores para poder participar na proba.

Os menores de 12 anos deberán ir acompañados en todo momento dun adulto.

Distancia e recorrido

A proba disputarase no Concello de Barbadás polas rúas da Valenzá, facendo a saída dende o Polideportivo Municipal de Barbadás e pasando pola avenida de Celanova e terminando no parque da Liberdade.

A distancia será de 4-5 km.

Inclusión dos participantes

É unha proba inclusiva, polo tanto poderá participar todos as personas nela.

Pódese realizar a proba,correndo,camiñando, en cadeira de rodas, andador, bicicleta, patíns, patinetes,….

Inscripcións

As inscripciones será na web https://sportmaniacs.com/es.

O prezo da inscripción será de 3 para maiores de 18 anos e gratuita para menores de 18 anos.

Ultimo día para inscribirse 4 de Marzo ata as 23:59h

A totalidade da inscripción será donada o Banco de alimento de Barbadás.

Habrá un DORSAL 0 para poder facer un aporte económico e non participar na carreira, o dorsal 0 non terá dereito a camiseta da proba.

Non se admiten inscripcións no día da carreira.

Unha vez feita a inscripción, non se devolverá o importe ( de ser o caso) da mesma baixo ningunha circusntancia, exceptuando que a proba sexa suspendida polo Concello de Barbadás.

Entrega da camiseta e dorsal

A entrega será no Polideportivo Municipal de Mercores a venres de 7:00 a 13:00 e de 16:00 a 22:00.

Seguro de accidentes

Tódolos participantes estarán amparados por un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil contratado polo Concello de Barbadás. Estarán excluídos os derivados de un padecimiento lactante, imprudencia, negligencia, inobservación das leis,etc.

Tamén estarán excluídos os producidos por desplazamentos a/o desde o lugar no que se realice a proba.

Os participamntes deberán atender en todo momento as indicacións realizadas pola organización a través de voluntarios, persoal acreditado, Policía Local e Protección Civil.

Cada deportista da proba participa baixo a sua enteira responsabilidade e declara poseer o nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. O Concello de Barbadás recomenda a todolos deportistas realizar un recoñecemento médico ou proba de esforzó antes de tomar a saída. O Concello de Barbadás declina toda responsabiliade de daños que os participantes poidan sufrir ou causar a terceiros en horas posteriores a súa participación na carreira.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. INFORMACIÓN AO USUARIO

O Concello de Barbadás, en diante Responsable, é o Responsable do tratamento dos datos persoais

do Usuario e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto en o Regulamento

(UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das

persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes (RGPD) e

a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais

(LOPDGDD), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento, aplicable aos tratamentos

de datos realizados polo Responsable do tratamento referidos no sitio web.

Fin do tratamento: manter unha relación de atención ao Usuario. As operacións previstas para

realizar o tratamento son:

 Formalizar e manter a relación do centro deportivo con vd. na súa calidade de socio do

ximnasio.

 Cumprimento das obrigacións legais do centro deportivo.

 Control de acceso dos usuarios ás instalación deportivas.

 Optimizar a xestión do centro do Concello de Barbadás e os seus servizos mediante a realización

de estudos e enquisas de satisfacción.

 Accións e comunicacións comerciais incluso a través de medios electrónicos relacionadas coas

actividades ou promocións do ximnasio e dos sectores do deporte, saúde, beleza, ocio e tempo

libre.

Base xurídica do tratamento: consentimento do interesado e o cumprimento dunha misión

realizada en interese público ou no exercicio dos poderes públicos.

Criterios de conservación dos datos: conservaranse durante non máis tempo do necesario para

manter o fin do tratamento e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de

seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos.

Comunicación dos datos: Non se comunicarán os datos a terceiros, salvo obrigación legal. Por iso,

é posible que se comuniquen datos a outras Administracións, a terceiros contratados para a xestión dos

servizos públicos que lle competen.

Dereitos que asisten ao Usuario: os dereitos do interesado poden exercitarse directamente ou por

medio de representante legal ou voluntario e teñen dereito a recibir unha resposta en linguaxe clara e

sinxela, de forma concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso. Os dereitos que lle asisten son os

seguintes;

 Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.

 Dereito de acceso (o interesado ten dereito a que o Responsable lle comunique se están tratando

os seus datos), rectificación (o interesado ten dereito a que o Responsable rectifique os seus

datos sen demora inxustificada cando resulte inexactos ou incompletos), portabilidade (o

interesado ten dereito a que o Responsable transmita os seus datos a outro responsable ou ao

mesmo interesado nun formato estruturado de uso habitual e lectura mecánica) e supresión dos

seus datos (o interesado ten dereito a que o Responsable suprima os seus datos sen demora

inxustificada e se legalmente procede) e á limitación (o interesado ten dereito a que o

responsable marque os seus datos co fin de limitar o seu tratamento) ou oposición ao seu

tratamento (o interesado ten dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos realizado polo

Responsable do tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular).

 Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera

que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Datos de contacto para exercer os seus dereitos:

Concello de Barbadás. C/ Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense). Email:

concello@barbadas.es

Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos: Rúa Cimadevila, 1_ 32890 Ourense –

concello@barbadas.es

2. CARÁCTER OBRIGATORIO OU FACULTATIVO DA INFORMACIÓN FACILITADA

POLO USUARIO

Os Usuarios, mediante a marcación das casas correspondentes e entrada de datos nos campos,

marcados cun asterisco (*) no formulario de contacto ou presentados en formularios de descarga,

aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios para atender a súa

petición, por parte do Concello, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. O Usuario

garante que os datos persoais facilitados ao Responsable son veraces e faise responsable de comunicar

calquera modificación dos mesmos.

O Responsable informa e garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non serán

cedidos en ningún caso a terceiros, e que sempre que realizase algún tipo de cesión de datos persoais,

pedirase previamente o consentimento expreso, informado e inequívoco por parte os Usuarios. Todos os

datos solicitados a través do sitio web son obrigatorios, xa que son necesarios para a prestación dun

servizo óptimo ao Usuario. No caso de que non sexan facilitados todos os datos, non se garante que a

información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás súas necesidades.

3. MEDIDAS DE SEGURIDADE

Que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o

Responsable está a cumprir con todas as disposicións das normativas RGPD para o tratamento dos

datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do RGPD,

polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e adecuados,

pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados, conservados de modo

que permitan identificar as persoas interesadas durante o período de tempo non superior ao necesario, en

base á limitación do prazo de conservación.

O Responsable garante que implementou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as

medidas de seguridade que establecen o RGPD e a LOPD, en particular aplícanse as medidas de

seguridade determinadas polo Esquema Nacional de Seguridade, co fin de protexer os dereitos e

liberdades dos Usuarios e comunicoulles a información adecuada para que poidan exercelos.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Irakurri gehiago   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼