25 jun 2023, Vigo

WILD DOG RACE " Carreira e Andaina Canina"

Clasificaciones

Clasificaciones

Carreira Canina
25/06/2023 09:00 5km

Andaina Canina
25/06/2023 09:30 5km

Carreira infantil canina
25/06/2023 11:30 0.1km

Información de contacto

Contactar con el organizador609 47 86 36

Información Básica

Horario y lugar de la prueba
Merendero SAN MIGUEL DE OIA
Recogida de dorsal
Sabado 17 DE JUNIO de 16 a 20 y domingo 18 JUNIOde 7.30 a 8.30
Política de devoluciones
NO SE CONTEMPLAN

Reglamento

WILD DOG RACE - Carreira e Andaina Canina

The Wild Fest y Zarkocan organizan a carreira e andaina canina Wild Dog Race. Un evento deportivo non competitivo que contará con tres categorías, unha delas para público infantil.

A proba tenrá lugar o 25 de XUÑO de 2023 no Parque Florestal San Miguel de Oia.

Wild Dog Race é unha carreira polo monte onde donos e cans deberán superar unha serie de probas. É unha carreira única onde cada competidor desfrutará co seu amigo de catro patas mentres loita contra os obstáculos do terreo, o barro e a agua.

Un evento cheo de desafíos e diversión para toda a familia!

NORMATIVA

Art.-1 - Organización

The Wild Fest é o organizador da proba na que colabora o Centro De Formación Profesional y Adiestramiento Canino Zarkocan. Ao formalizar a inscripción o participante comprométese a respectar e acatar o regulamento polo que se rixe a proba. Recordase os participantes a importancia e obriga de coñecer dito regulamento.

Art. 2- Categorías e circuitos.

Andaina canina: O circuito será de aproximadamente 5 km. Todos os participantes saen ao mesmo tempo.

Carreira canina: O circuito será de aproximadamente 5km e contará con obstáculos ao longo do percorrido. As saídas serán de 2 en 2 participantes en intervalos de 1 minuto.

Carreira infantil canina: Percorrido de aproximadamente 100 metros.

Art. 3- Localización

Parque Forestal de San Miguel de Oia https://maps.app.goo.gl/J6VN5sFMzx3fGRFe9

Art. 4 - Participantes admitidos.

Andaina canina: Poden participar persoas de calquera idade. Os menores de 18 anos deben presentar unha autorización asinada polo pai/nai/titor e os menores de 12 anos deben ir acompañados dun adulto.

Os cans terán 6 meses ou máis e cartilla de vacinación actualizada (desparasitación selada anualmente e polivalente anual). Pode participar calquera can independiente da sua raza (os cans considerados PPP rexiransen polas leies vixentes).

Carreira canina: Poden participar persoas de calquera idade. Os menores de 18 anos deben presentar unha autorización asinada polo pai/nai/titor e os menores de 12 anos deben ir acompañados dun adulto.

Os cans terán 12 meses ou máis e cartilla de vacinación actualizada (desparasitación selada anualmente e polivalente anual). Pode participar calquera can independiente da sua raza (os cans considerados PPP rexiransen polas leies vixentes).

Carreira infantil canina: Carreira específica para menores de 12 anos, que deberán acudir acompañados dun adulto.

Os cans deberán contar con cartilla de vacinación actualizada (desparasitación selada anualmente e polivalente anual). Pode participar calquera can independiente da sua raza (os cans considerados PPP rexiransen polas leies vixentes).

Art. 5 - Inscricións

Todos os participantes deberán realizar a inscripción e pago antes das 21 de xuño de 2023. Non se admitirán pagos, inscricións ou trámites fóra deste prazo.

Tanto a andaina como a carreira terán un custo de 15€.

Para os menores de 12 anos a inscrición gratuita.

Os gastos bancarios da inscrición corren a cargo dol participante.

A organización non garantiza que haxa tempo suficiente para que un mesmo participante compita en varias modalidades.

Art. 6 - Responsabilidade Civil.

A organización do evento, proporcionará o seguro de responsabilidad civil. O deportista é o responsable da sua saude e a do seu can previa, durante e unha vez finalizado o evento.

Art. 7 - Balizaxe

Señalizarase de forma clara o circuito.

Art. 8 - Material obrigatorio.

Carreira canina: arnés e liña de tiro.

Carreira canina infantil: infantil: arnés e liña de tiro.

Andaina: colar ou arnés e correa (Os cans considerados PPP irán provistos de bozo)

Art. 9- Zona de Acampada:

O festival The Wild Fest conta con zona de acampada a poucos metros do merendeiro do Parque Forestal de San Miguel de Oia, acondicionado con baños e duchas e con espazo para tendas, furgonetas e caravanas.

O acceso ao cámping será gratuíto para os participantes en calquera modalidade da Wild Dog Race, que deberán manifestar o seu interese de facer uso del no momento de realizar a inscrición.

PROGRAMACIÓN

  • LUNS 22 DE MAIO: apertura de INSCRICIÓNS

  • DOMINGO 18 de XUÑO: peche de INSCRICIÓNS

  • SÁBADO 24 de XUÑO: recollida de DORSAIS de 16h a 20 (poden recollerse sábado ou domingo)

  • DOMINGO 25 de XUÑO:

  • 7:30 a 8:30 recollida de DORSAIS (poden recollerse sábado ou domingo)
  • 8:45 charla informativa na saída.
  • 9:00 saída do primeiro participante da CARREIRA CANINA
  • 9:30 saída ANDAINA CANINA.
  • 11:30 saída da CARREIRA INFANTIL CANINA
  • 12:00 sorteo e agasallos.

Os horarios poden sufrir modificacións en función dos participantes e do DT.

CONTACTO

Zarkocan:

Email: info@zarkocan.es

Facebook: www.facebook.com/zarkocan/

Instagram: @zarkocan

Teléfono: 609 47 86 36

The Wild Fest:

Web: https://thewildfest.com/

Facebook: www.facebook.com/TheWildFestiv

Instagram: @thewild.fest

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Leer más   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼