Clasificaciones
14 km
02/07/2023 10:30
13.997km
Andaina Corta
02/07/2023 09:05
14km
27 km
02/07/2023 09:00
27km
Andaina Longa
02/07/2023 09:00
23km
9 km
02/07/2023 10:30
9km
18 km
02/07/2023 09:00
18km
Información de contacto
Información Básica
- Horario y lugar de la prueba
- Praza das Árbores, s/n - Centro da Vila de Cuntis
- Recogida de dorsal
- Praza das Árbores, s/n - Centro da Vila de Cuntis a partir das 7:30 h
- Política de devoluciones
- NO SE CONTEMPLAN
Reglamento
Información básica:
Horario e lugar da proba: Praza das Árbores, s/n - Centro da Vila de Cuntis
Recollida de dorsal: Praza das Árbores, s/n - Centro da Vila de Cuntis a partir das 7:30 h
Política de devolucións: NON SE CONTEMPLAN
Regulamento do IX CxM Vila de Cuntis
1. A carreira celebrárase o día 2 de xullo de 2023 con saída e chegada na Praza das Árbores, s/n (centro da Vila) e rexérase polo presente regulamento e polo regulamento da Federación Galega de Montañismo no tocante ás carreiras por montaña. Os horarios de saída serán os seguintes:
TRAIL 27k: 9:00 horas.
TRAIL 18K: 9:00 horas.
TRAIL 14K: 10:30 horas.
TRAIL 9K: 10:30 horas.
2. As probas terán un recorrido aproximado de:
TRAIL 27 Km e discurrirá por parte dos montes de Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Mesego, A Hermida, Sevil, Cequeril e Vilar de Mato, acumulando un desnivel positivo de 1500 metros aproximadamente.
TRAIL 18K e discurrirá por parte dos montes de Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Mesego, A Hermida, Sevil, Cequeril e Vilar de Mato, acumulando un desnivel positivo de 800 metros aproximadamente.
TRAIL 14K e discurrirá por parte dos montes de Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Mesego, A Hermida, Sevil, acumulando un desnivel positivo de 700 metros aproximadamente
TRAIL 9K e discurrirá por parte dos montes de Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Sevil, acumulando un desnivel positivo de 450 metros aproximadamente.
3. NÚMERO DE PARTICIPANTES E CATEGORÍAS:
Poderán participar as persoas que o desexen ata un máximo de 350 participantes, repartidos nas seguintes categorías:
A efectos da Copa Galega de Carreiras por Montaña, os participantes estarán divididos nas seguintes categorías e subcategorías:
- Categorías Masculina e Feminina: Cadete, Xuvenil, Júnior, Promesa e Absoluta.
- Subcategorías Masculino e Feminina: Veterana A , B e C.
- Categoría Cadete: 15 e 16 anos, é dicir, que non cumpra os 17 anos o ano de referencia.
- Categoría Xuvenil: 17 e 18 anos, é dicir, que non cumpra os 19 anos o ano de referencia.
- Categoría Júnior: 19, e 20 anos, é dicir, que non cumpra os 21 anos o ano de referencia.
- Categoría Promesa: comprende aos participantes de 21, 22 e 23 anos, é dicir, que non cumpran os 24 anos o ano de referencia
- Categoría Absoluta: será a partir dos 24 anos, cumpridos o ano de referencia.
- Subcategoría Veterana A: de 40 a 49 anos, é dicir que non cumpra os 50 anos o ano de referencia.
- Subcategoría Veterana B: de 50 a 59 anos, é dicir que non cumpra os 60 anos o ano de referencia.
- Subcategoría Veterana C: a partir dos 60 anos cumpridos o ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e subcategorías, será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición.
3.1- CATEGORÍAS E DISTANCIAS:
Haberá diferentes categorías , tanto masculina coma feminina, para as probas da Copa Galega de montaña que se corresponderán coas seguintes distancias :
- DISTANCIA 9K : Cadete: 15 e 16 anos. Non ter cumplidos 17 anos no ano 2023.
- DISTANCIA 14K: Xuvenil: 17 e 18 anos. Non ter cumplidos os 19 anos no ano 2023.
Júnior: 19 e 20 anos. Non ter cumplidos os 21 anos no ano 2023. - DISTANCIA 25K: Promesa: 21 a 23 anos. Non ter cumplidos os 24 anos no ano 2023. Absoluta e as diferentes categorías veteráns.
4. INSCRICIÓNS: Desde o 1 de abril ata o 28 de xuño na plataforma www.saudeter.com
5. PREZO:
O importe da inscrición é o seguinte:
- CxM de 27 e 18 km: 16€ desde o día 1 de abril ata o 30 de abril, os/as federados/as terán un desconto de 3€, é dicir, pagarán 13€ durante ese período. A partir do 1 de maio ata o 28 de xuño (data de peche de inscricións), o prezo será de 16€.
- CxM de 14 km: 12€ desde o 1 de abril ata o 28 de xuño.
- CxM de 9 km: 8€ desde o 1 de abril ata o 28 de xuño.
Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos, duchas, comida postcarreira e cantos obsequios ou regalos poida conseguir a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con bandeirolas de cor amarelo e vermello sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos. Haberá un punto de control intermedio.
7. TEMPOS DE PASO: Os/as participantes que sobrepasen os seguintes tempos a continuación aquí indicados, deberán retirarse da proba nese mesmo avituallamento, xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura
TRAIL 27k: Punto de Corte: Km9, lugar de Vilar de Mato.
Tempo de paso límite: 10:30 horas, 1h 30m despois da saída. (ritmo 10 min/1km).
Retirarase o dorsal e ofrecerase a posibilidade de rematar polo circuito da andaina evitando así os 9km de percorrido do alto do Cádavo.
TRAIL 18K: Punto de Corte: Km7, lugar de Sebil.
Tempo de paso límite: 10:30 horas, 1h 30m despois da saída. (ritmo 12:50 min/1km).
Retirarase o dorsal e ofrecerase a posibilidade de rematar polo circuito da 14Km.
TRAIL 14K: Punto de Corte: Km5, lugar de Castro Sebil.
Tempo de paso límite: 12:00 horas, 1h:30m despois da saída. (ritmo 15:00 min/1km).
Retirarase o dorsal e ofrecerase a posibilidade de rematar polo circuito da 9 Km.
Así mesmo os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a si o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.
8. MATERIL OBRIGATORIO
Material obrigatorio: todos os participantes estarán obrigados a levar, como mínimo, o seguinte material, salvo que na reunión técnica previa ou mediante comunicado da organización, e de forma xustificada, se indique o contrario:
- Chaqueta cortaventos con capucha e manga longa da talla correspondente ó corredor/a.
- Manta térmica de supervivencia (mínimo 1,20 x 2,10).
- Reserva de auga (mínimo 1 litro).
- Teléfono móbil encendido e con batería suficiente.
- Gorra, viseira ou bandana.
- Chifre.
O material obrigatorio poderá ser requirido polos árbitros da FGM no control de dorsais e nas partes do percorrido destinadas a tal efecto, e todos os corredores están obrigados a someterse a este control, baixo pena de sanción ou descualificación da carreira.
O uso de bastóns será voluntario, pero no caso de saír con eles, deberán levalos durante toda a proba.
Non está permitido o uso de equipos de música durante o transcurso da proba, nin tampouco levar tapóns ou auriculares nos oídos por motivos de seguridade.
8. AVITUALLAMENTOS: Existirán os seguintes avituallamentos:
- TRAIL 27k :5 avituallamentos:
Km 5 Líquido e sólido - Km 7 Líquido - Km 9 Líquido e sólido - Km 14 Líquido - Km 18 Líquido - Km 22 Líquido e sólido
- TRAIL 18K: 4 avituallamentos:
Km 5 Líquido e sólido - Km 7 Líquido - Km 9 Líquido e sólido - Km 14 Líquido e sólido.
- TRAIL 14K: 3 avituallamentos:
Km 5 Líquido e sólido- Km 7 Líquido - Km 10 Líquido e sólido.
- TRAIL 9K:1 avituallamento:
Km 5 Líquido e sólido
9. PREMIOS:
Ademais dos trofeos entregados pola Federación Galega de Montañismo para os participantes na proba correspondente á Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña, a organización entregará un trofeo aos/ás tres primeiros/as da categoría Absoluta e da categoría Veterano/a, é dicir, maiores de 40 anos.
Ademais entregarase tamén un trofeo aos/ás tres primeiros/as clasificados/as da carreira de 18 km.
Os premios da Federación Galega de Montaña son acumulativos, é dicir, un/ha mesmo/a corredor/a pode levar máis dun premio correspondente á categoría absoluta e ao mesmo tempo, o premio correspondente ao seu rango de idade.
10. Quedará descalificado/a desta proba aquel ou aquela participante que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
11. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
12. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respectar as normas de circulación nos cruces de estrada.
13. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, quad por todo o recorrido.
14. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
PROTECCIÓN DE DATOS
Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.
Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable CdM Xesteiras. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.