27 ago 2022, Narón

III CARREIRA NOCTURNA CIDADE DE NARÓN

Clasificaciones

Clasificaciones

Adultos
7km

Información de contacto

Contactar con el organizador618076636

Información Básica

Horario y lugar de la prueba
PRAZA DE GALICIA (NARÓN)
Recogida de dorsal
DECATHLON FERROL O VENRES e SÁBADO NO AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA VENRES 26 DE 17:30-20:00 SÁBADO 27 DE 10:30-13:00 e de 19:00-21:00
Política de devoluciones
NON SE CONTEMPLAN

Reglamento

Artículo 1.

O Concello de Narón, en colaboración có Club Pasa Ou Entorna de Narón, organiza a III Carreira Nocturna Cidade de Narón. Disputarase o 27 de Agosto do 2022 as 21:30h, con saída e chegada na Praza de Galicia situada en dito concello.

Artículo 2. Inscripcións.

Realizaránse na páxina sportmaniacs.com ou a través da app saudeter live ata o dia 24 de agosto de 2022 as 23:59h, o pecio será de 7€. Non se admitirán as inscripcións posteriores a dita data e haberá un límite de 500 inscritos.

Artículo 3. Categorias.

Todas as categorias sairán ao mesmo tempo sendo a districución das mesmas as seguintes:

  • Senior Edades 16-34 Distancia 7.000m Hora de saída 21.30h
  • Veterano A Edades 35-44 Distancia 7.000m Hora de saída 21:30h
  • Veterano B Edades 45-54 Distancia 7.000m Hora de saída 21:30h
  • Veterano C Edades 55 en adiante Distancia 7.000m Hora de saída 21:30h

A idade será a que se teña o día da celebración da proba.

Artículo 4. Premios.

Haberá premios @s 3 primeir@s clasificad@s na proba, asi como @s 3 primeir@s de cada categoria. Non sendo os premios acumulativos.

Haberá tamén un agasallo para o corredor e a corredora de maior idade.

Haberá premio especial ao corredor e a corredora que recorra no tempo mais breve o tramo de subida de “A PICOTIÑA”. Será un tramo especial cronometrado e estará perfectamente sinalizado pola organización (450m aproximadamente). Premio para o home e a muller mais rápidos nese tramo, e que ademais quede clasificado nos 30 primeiros postos do seu sexo na calsificación xeral.

Artículo 5. Baños/Duchas

  • Haberá aseos na zona de saída/chegada no auditorio municipal, non haberá duchas.

Artículo 6. Carreiras de menores.

A partir da 20:00h comenzarán a celebrarse as carreiras das categorias dos menores, cun límite de participación para cada unha delas de 50 menores. Ás categorias e os horarios serán os seguintes, puidendo a organización da proba realizar varias tandas dentro de cada unha das categorias, asi coma modificar alguns dos recorridos no ultimo intre para garantizar a seguridade dos menores.

Estas categorias de menores non terán nin clasificación, nin trofeos, e no seu lugar entregarase a cada un dos participantes unha medalla e un agasallo final, para que todos os menores poidan desfrutar por igual dunha proba que consideramos que non debe ser conpetitiva.

  • 20:00h - Categoría Gazapos, nados en 2018, 2017, 2016, e 2015.

Distancia aproximada 100m.

  • 20:00h - Categoría Coelliños, nados en 2014 e 2013.

Distancia aproximada 450m.

  • 20:00h - Categoría Coellos, nados en 2012, 2011 e 2010.

Distancia aproximada 650m.

  • 20:00h - Categoría Lebres, nados en 2009, 2008, 2007, e 2006 que non teñan cumplidos ainda os 16 anos.

Distancia aproximada 1200m.

A inscripción terá un prezo de 1€ por menor inscrito, e será na mesma páxina que os maiores,

Sportmaniacs.com, ou a través da app saudeter live.

Artículo 7.

Tódolos inscritos participan voluntariamente e declaran, baixo a súa responsibilidade, realizar o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións físicas óptimas para realizar a proba, eximindo á Organización de dita responsabilidade.

A organización responsabilizarase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por abandono do itinerario establecido ou neglixencia do participante.

Disporá dos servicios médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa colaboración de Protección Civil e a Policía Local nos puntos maís extratexicos do percorrido.

Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscripción defectuosa pu errónea por parte do corredor ou en que se delegue, ou dalgún participante que realice a proba sin estar debidamente inscrito na mesma e/ou sin dorsal acreditativo de ter pagada a inscripción para a participación da mesma.

Artículo 8. Recollida de dorsais.

A recollida de dorsais realizarase o venres 26 pola tarde en horario de 17:30h a 20:00h no Decathlon Ferrol, e o mesmo sábado da carreira, sábado 27 pola mañan en horario de 10:30h a 13:00h, e pola tarde en horario de 19:00h ata 30 minutos antes da proba, entregaranse os dorsais no antigo Auditorio de Narón na zoa de saída da proba sita na Praza de Galicia.

Artículo 9.

Os participantes deberán correr co dorsal colocado no peito todo o recorrido, seguindo as indicacions da organización.

Ningún vehículo alleo á organización poderá acompañar a ningún corredor, xa que suporá motivo de expulsión inmediata da competición.

Artículo 10. Reclamacións/Duración da proba.

Todas as reclamacións faranse verbalmente ó xuiz árbitro situado na zona de meta, non mais tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.

A duración da proba será de 60 minutos, os corredores que non cheguen nese tempo serán descalificados.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Leer más   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼