Clasificaciones
ANDAINA LONGA 19 KM
27/03/2022 09:30
19km
ANDAINA CORTA 12,5 KM
27/03/2022 10:30
12.5km
TRAIL 26 KM
26km
MINITRAIL 12 KM
12.5km
Información de contacto
Reglamento
¿Quieres realizar donativo a AECC?
Pulsa aquí
INFORMACIÓN XENERAL
O Clube Ciclista Cariño organiza o vindeiro domingo 27 de Marzo a terceira edición da carreira a pé por montaña e andaina denominada “Northwest Experience”, no concello de Cariño.
Para participar será preciso ter 16 anos cumpridos o día da proba, no caso dos participantes na modalidade de trail ou minitrail. No caso dos menores participantes na andaina, establécese un mínimo de 8 anos de idade, que deberá ir acompañado por un adulto.
Polo mero feito de inscribirse na proba, o pai/nai/titor do menor acepta a normativa e condicións da mesma, recoñecendo expresamente que o seu representado se atopa en condicións físicas adecuadas para a realización da mesma, eximindo de toda responsabilidade aos organizadores, colaboradores e voluntarios.
DISTANCIAS, PERCORRIDOS E ENTORNO
- TRAIL: 26 kms cun desnivel positivo acumulado de 1450 metros.
- MINITRAIL: 12,5 kms con 650 metros de desnivel positivo acumulado.
- ANDAINAS: Con dúas distancias de 12,5 e 19 kms, con 650 e 1100 metros de desnivel positivo acumulado respectivamente.
Ambos percorridos transcorren por zonas de especial interese ambiental, como o é a Costa Ártabra en Serra dá Capelada. Será de vital importancia o respeto polo medioambiente, fauna e flora en todo momento. Para ese efecto, colocaranse vertedoiros de lixo nas inmediacións dos avituallamentos dispostos pola organización para que os participantes depositen os seus refugallos.
Haberá unha hora de corte que será necesario exceder nun tempo determinado para poder continuar facendo o percorrido completo. De non ser así, por motivos de seguridade e para cumprir co horario predisposto para o peche de meta, o participante verase obrigado a atender as indicacións da organización e acurtar parte do percorrido, cando así se lle indique.
A hora de peche de meta será ás 14:00 horas, polo que os participantes que excedan o tope de tempo establecido pasarán a non formar parte desde ese momento da proba.
A organización resérvase o dereito para realizar as modificacións que considere precisas, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrígano ou por causa de forza maior.
HORARIOS
SÁBADO 26
DE 19H A 21 H |
RECOLLIDA DE DORSÁIS NA CASA DO CONCELLO |
DOMINGO 27
DE 8H A 9:15H |
RETIRADA DE DORSÁIS MODALIDADE TRAIL E ANDAINA LONGA |
DE 8H A 10:15 |
RETIRADA DE DORSÁIS MODALIDADE MINITRAIL E ANDAINA CURTA |
9:30 HORAS |
SAÍDA TRAIL E ANDAINA LONGA |
10:30 HORAS |
SAÍDA MINITRAIL E ANDAINA CURTA |
14 HORAS |
PECHE DE META |
CATEGORÍAS E PREMIOS
A modalidade de trail e minitrail serán de carácter competitivo. Elaborárase unha táboa clasificatoria para cada unha das distancias e outorgaranse premios aos 3 primeiros clasificados ( masc. e fem.) das seguintes categorías.
CATEGORÍA |
IDADE / RANGO |
XUVENIL MASC. E FEM. |
16 A 23 ANOS |
SENIOR MASC. E FEM. |
24 A 39 ANOS |
VET. A MASC. E FEM. |
40 A 49 ANOS |
VET. B MASC. E FEM. |
50 EN DIANTE |
EMPADROADO/A EN CARIÑO |
MASC. E FEM. ABSOLUTOS |
EQUIPO/GRUPO MELLOR CLASIFICADO |
PUNTÚAN OS 3 MELLORES TEMPOS |
EQUIPO/GRUPO MÁIS NUMEROSO |
COMPUTAN TÓDALAS MODALIDADES |
*Para puntuar como equipo establécese un mínimo de 3 corredor@s, que deberán participar na mesma distancia.
Gañará o equipo que, cá suma do resultado dos seus mellores corredor@s, invirtan menos tempo en completar o percorrido. Computarán os tempos sen distinción de sexos.
*Para puntuar como integrante dun equipo ou grupo débese notificar no momento de inscrición. ¡Moito ollo o escribir o nome do grupo!
INSCRICIÓNS E RECOLLIDA DE DORSÁIS
As inscricións son estrictamente persoais e intransferibles, non podendo ser utilizadas por outra persoa diferente a inscrita.
Só se aceptarán inscricións pagadas, non existindo a posibilidade de pre-inscrición ou pago ao recoller o dorsal o día da proba.
Para inscribirse utilizarase o formulario habilitado na páxina https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/northwest-experience-2022
TRAIL 26 KM |
APERTURA ATA O 14/03 |
15€ |
DO 14/03 A 23/03 |
18€ |
|
MINITRAIL 12 KM |
APERTURA ATA O 14/03 |
12€ |
DO 14/03 A 23/03 |
15€ |
|
ANDAINAS |
APERTURA ATA O 14/03 |
10€ |
DO 14/03 A 23/03 |
13€ |
A data límite de inscrición será ata o Mércores día 23 de Marzo ás 23:59H.
Inclúe os seguros pertinentes para a proba, dorsal, aluguer de chip (na modalidade trail/ minitrail), agasallos, avituallamentos sólido/líquido, duchas (se o protocolo o permite), pincho remate de proba e premios.
A recollida de dorsais será na casa do Concello de Cariño, podendo retiralo o Sábado 26 de Marzo en horario de 19 a 21h, e o Domingo 27 de 8:00 a 10:15h.
Todos os participantes deberán levar de forma obrigatoria visible o dorsal, sendo este persoal e intransferible. A persoa inscrita só poderá participar co dorsal que lle foi asignado e acepta non permitir o uso do mesmo a outra persoa.
MATERIAL RECOMENDADO E OBRIGATORIO
Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenvolverse baixo posibles condicións climáticas de frío, choiva e/ou vento. Por tanto, debe prever que a súa indumentaria, calzado e condicións físicas sexan as máis apropiadas para realizar a proba.
No caso de que a previsión meteorolóxica sexa adversa, a organización pode esixir material obrigatorio que será comunicado con tempo de antelanción suficiente.
AVITUALLAMENTOS
Haberá varios avituallamentos líquidos e sólidos durante o percorrido;
– Tres (3) para a modalidade de trail e andaina longa.
– Dous (2) para minitrail e andaina curta.
PROTOCOLO COVID-19
A celebración de este evento e o seu formato queda condicionado pola evolución da pandemia no momento da súa celebración.
Tódolos participantes deberán permanecer cá máscara posta. Opcionalmente pódese quitar unha vez que se dea a saída e se cumpra a distancia interpersoal de seguridade de 1,5m.
A organización facilitará máscaras na liña de meta.
CONSENTIMENTO INFORMADO SOBRE COVID-19
⬜Declaro que son consciente dos riscos que implica ,para a persoa participante e para as persoas que conviven con el, a participación na actividade no contexto da crise sanitaria provocada polo COVID-19, que asumo baixo a miña propia responsabilidade.
DEREITO DE PARTICIPACIÓN E ABANDONOS
A organización resérvase o dereito de participación a quen desatenda as indicacións, cometan calquera infracción grave, teñan un comportamento antideportivo ou que non cumpra o presente regulamento.
En calquera caso, os responsables da organización terán a potestade para retirar da proba aos participantes que non cumpran coas expectativas dos tempos establecidos para os controis de peche ou teñan problemas físicos evidentes (vómitos,desorientación, desmaios…) que poidan poñer en perigo a súa saúde.
No caso de abandono voluntario, terá que realizarse nos controis de paso ou avituallamentos sempre que sexa posible, e deberán ser comunicados inmediatamente á organización para ver a posibilidade de traslado do participante á zona de meta.
ACCIDENTES, SEGUROS E ASISTENCIA MÉDICA
A participación na proba esta baixo a responsabilidade e propio risco de cada participante, o cal, no momento da súa inscrición manifesta atoparse fisicamente apto para a proba.
A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidese ser causa ou víctima o participante, que deberá estar cuberto polos seguros da proba. Tampouco se fai solidaria dos gastos nin das débedas que puidesen contraer os participantes durante a proba. O participante exime á organización de responsabilidade por perda ou deterioración dos obxectos persoais por calquera circunstancia.
Dispoñerase durante o desenvolvemento da proba e de forma permanente dun médico e unha ambulancia que estarán de retén por se houbese que socorrer a algún participante nun punto do percorrido.
SUSPENSIÓN, ACEPTACIÓN E DEREITOS DE IMAXE
En caso de anulación da proba por causas de forza maior, pospoñerase para outra data pactada e, no caso de quen así o solicite, realizarase un reembolso da inscrición.
Se estando a proba en marcha as condicións meteorolóxicas vólvense adversas, a organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido ou mesmo a suspensión da proba. Neste caso os dereitos de inscrición non serán devoltos. Así mesmo, tampouco se fai responsable das decisións que, a título persoal, tomen os participantes como consecuencia da suspensión da mesma.
Nos casos cancelación da inscrición por parte do participante, poderá darse de baixa con dereito a devolución do importe integro da cuota de inscrición ata o 23/03. Dereito o 50% do importe de inscrición ata 48 horas antes do inicio do evento.
Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamento imposto pola organización e autoriza á utilización de imaxes e vídeos fotográficos filmados.