Clasificaciones
Andaina Longa 24 KM
22/09/2024 09:00
24km
Andaina Media 14 KM
22/09/2024 09:30
14km
Andaina Curta 8 KM
22/09/2024 09:30
8km
Información de contacto
Reglamento
A andaina conta con 3 distancias,8KM, 14 km e 24 km. O principal obxectivo desta proba é fomentar, entre todos os veciños e participantes, a práctica do sendeirismo como un dos pilares dunha vida saudable, e visibilizar o traballo realizado pola Fundación Andrea
1. DATA E HORA DA PROBA
A proba terá lugar o domingo 22de septembro 2024 ás 9.00 h a ruta longa e 9:30 h a ruta media e a curta, tanto a saída coma a chegada será desde a Praza do Concello s/n (centro da Vila).
2. RECOLLIDA DOS DORSAIS
Os dorsais poderanse recoller o Sabado 21 a tarde a partir das17:30 e o domingo 22 a partir 7:30h ata as 8:45h ruta longa e 9:15 ruta media e curta na Praza do Concello s/n.
Na entrega do dorsal, cada participante recibirá unha camisola como agasallo (respetando a tallaxe aos 300 primerios inscritos).
3. PERCORRIDO
Transcorrerá integramente dentro do concello de Campo Lameiro Será na súa práctica totalidade por camiños e pistas cruzando en varias ocasións algunha estrada local ou comarcal. Nestes puntos haberá que prestar atención e seguir as indicacións dos voluntarios e axentes da autoridade. Todo aquel que non siga as instrucións quedará inmediatamente excluído e deberá abandonar a proba. A todos os participantes se lle facilitará un mapa co detalle do percorrido. E fundamental ter en conta o medio polo que nos imos mover, especialmente nos tramos a beira do río, xa que existe a probabilidade de esvarar e caer polas pedras pola humidade existente.
4. PERFIL
Tanto a proba de 8km ou14 km, como especialmente a de 24km, terán lugar sobre un terreo nalgunhas ocasións accidentados e con ascensións. É preciso ter un mínimo de forma física para a proba de 8km ou 14 km, e no caso da proba máis larga será necesario estar en boa forma xa que o desnivel positivo é de aproximadamente 860 metros.
5. INSCRIPCIÓNS
Poderán participar todas as persoas que o desexen cun límite de 600 participantes. Os menores de 16 anos deberán ir acompañados en todo momento por unha persoa responsable maior de idade. A inscrición poderase facer ata o dia 14 de septembro na páxina sportmaniacs.com o prezo é de 10€
Non se devolverá o importe da inscrición salvo causas de forza maior, debidamente xustificadas e apreciadas pola organización deste evento.
Deste prezo, a organizacion da andaina comprométese a colaborar coa Fundación Andrea con 5€ por participante. Habilitarase unha fila cero para calquera persoa que queira facer a súa achega a favor desta causa.
6. SINALIZACIÓNS E CONTROIS
O percorrido estará sinalizado con bandeirolas amarelas e vermellas.
A organización poderá cambiar os tempos de corte en función das condicións do terreo, dichas modificacións serán comunicadas antes do inicio da proba.
Os participantes portarán o dorsal nun sitio claramente visible, preferentemente no peito.
A 1:30 no cruce de Praderrei habera un corte e todo participante que non ao rebasara tera que abandonar o percorrido ou de querer seguir devolverá o dorsal
7. AVITUALLAMENTOS
Haberá 3 avituallamentos para os/as participantes da ruta larga (Rozas,Paar,Lodeiro),2 para os da ruta media(Paar,Lodeiro)e 1 para a curta(Paar). En todos haberá líquido e sólido.
8. ABANDONO
O abandono realizarase nalgún dos postos de control ou avituallamento informando para elo o persoal da organización. Se por causa de lesión ou accidente o andarín queda inmobilizado deberá avisar a organización ou a outro participante que a súa vez informará a organización.
A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que estime oportunas no percorrido e programa, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por outro
caso de forza maior.
A organización declina toda a responsabilidad da participación de animales domésticos na proba
Os participantes están obrigados a auxiliar os accidentados así como a dar aviso a organización.
A inscripción na andaina conleva a cesión e autorización das imaxes que a organización realice durante o transcurso da proba
9. DESCALIFICACIÓN
Quedará descalificado, con todo o que supón, todo aquel que:
Non cumpra o presente regulamento.
Non pase polos controis establecidos.
Non complete a totalidade do percorrido na opción na que estea inscrito.
Corra con outro dorsal ou falsifique os datos de inscrición.
Non siga as indicación da organización.
Todo aquel que deteriore ou ensucie o entorno non poderá participar en sucesivas edicións
10. RECOMENDACIÓNS
Estamos ante unha proba de dificultade media-alta que discorre por unha zona de natureza que en casos non ten presenza humana habitualmente. Por todo iso recomendase estar en boa condición física, e especialmente se chove ter en conta o perigo das zonas técnicas e con pedras na beira do cauce do río. Recomendamos o uso de:
Calzado e vestimenta adecuada para a montaña.
Recipiente para líquido.
Gorra o sombreiro, gafas de sol e crema de protección solar.
Chifre.
Móbil con batería.
A proba conta cos seguros que marca a lexislación actual pero declina toda responsabilidade no caso dun accidente por neglixencia así como dos obxectos que porte cada participante.
Colaboradores da andaina:
Agro Campo
Alimentación Loli
A Nosa Tapicería
Apicola Moimel
Apicola Regueira
ATC Instalaciones
Gestoria CMS
Bar Kallejas
Bar O Peto
Casa rural Avoa Maria
Casa rural Manteiga
Carnicería Suso
Carpintería Carbré
Casa Quiben
Casa Silva
Casa Tito
Central Lechera Gallega
Editorial Kalandraka
Electricidad Gomez Vieitez
Electricidad Lesta
Eventos Falcatruada
Excavaciones Toño
Floristeria Tallos
Fontanería Riopa
Fraginox
Frutería Ucha
Fuchela
Frutos secos El Nogal
Gasolinera Peineto
Instalaciones Hydra
Mares de Galicia
Servicio de taxi Lupe
Servicio de taxi José Montero
Taller Otecarrs
Taller Pittalis
Panadería Carlos Costa
Panadería Milucho
Panadería Mipa
Parque arqueoloxico de Campo Lameiro
Peluquería Yoli
Peluquería Meraki
Peluquería Susana
Pescados Toni
Pescados Marin
Reloxeria Xoieria Fraga
Rodrigo Silva Diseño Gráfico
Visual Graphics.S.L
Xesteiras club de Montaña