16 jul 2023, Entrimo

II ENTRIMO TRAIL. FRONTEIRA EXTREMA

Clasificaciones

Clasificaciones

TRAIL LARGO
16/07/2023 09:00 28km

TRAIL CURTO
16/07/2023 09:00 17km

Información de contacto

Contactar con el organizador988434666

Reglamento

II ENTRIMO TRAIL “FRONTEIRA EXTREMA”

O Concello de Entrimo organiza o 16 de xullo 2023 o II ENTRIMOTRAIL “FRONTEIRA EXTREMA”aproveitando eses grandes recursos naturais polo que se percorren os 26,5km do TRAIL LONGO e 16km do TRAIL CURTO. Os Castros dos Castelos, o Monte do Quinxo, o da Pía da Moura, o “Dolmen Casa da Moura”ou o Penedo das Serpes son algunhas das múltiples xoias que podemos atopar neste Concello con miles de lendas como fai referencia Florentino López Cuevillas e Fermin Bouza Brey na súa obra “Oestrimnios, os saefes e a afiolatría en Galicia”

REGULAMENTO


1.- XERAL:

Data: 16 de xullo 2023

Hora: a partir das 9:00 horas.

Lugar: Praza do Concello.

Distancias:

Trail Longo

  • Aproximadamente 26,5 Km (1200+)

Trail Curto

  • aproximadamente 16 km

Inscricións:

Será a través da plataforma www.sportmaniacs.com ou na app Saudeter Live. Aboarase 15 € indistintamente da modalidade elixida. A fecha límite para anotarse será o mércores 12 de xullo 2023 as 23:59 h. ou ata terminar prazas.

Unha vez inscrito o corredor non poderá modificar cambios na titularidade do dorsal nin cancelar o mesmo coa correspondente perdida da inscrición.

No serán admitidos corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal,

impedindo que teñan acceso a carreira na defensa dos dereitos dos reglamentariamente inscritos.


Participación:

Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores.

Cada corredor debe ser consciente de que a súa condición física e a adecuada as características da proba, absténdose de participar ante calquera doenza, enfermidade ou outra condición que poña en perigo a súa integridade oi non lle permita terminar a proba.

A organización poderá retirar da proba a todo participante, que a xuizo das persoas que se encarguen do control da mesma, non se atopen en condicións idóneas para continuar.

Os corredores deberán levar en todo momento o dorsal a vista para facilitar o control do mesmo.

Recollida de dorsais:

Os dorsais poderanse recoller o sábado día 15 de xullo nas propia casa do Concello dende as 16:00 ata as 19:00 ou o propio día da proba dende as 8:00 ata as 8:50. Unha vez finalizado o tempo non se permitirá recoller dorsais polo que pedimos que sexamos responsables e respetuosos cos horarios para facilitar o desenrolo da proba.

  • Sábado 15 de xullo de 16:00 / 17:00 na casa do Concello

  • Domingo 16 de xullo de 8:00 /8:55 na casa do Concello

2.- CATEGORÍAS:

Estableceranse as seguintes categorías:

  • Senior ( masculino / feminino). < 45 anos.

  • Veterano A ( masculino / feminino). > de 45.

3.- PREMIOS:

  • Trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s absulut@s e os tres primeir@ das categorías establecidas( senior e veteran@s) tanto no Trail longo como Curto.

Trail Longo / Trail Curto

  • Tres Primeir@s clasificad@s absulut@s (masculino e feminino)

  • Tres Primeir@s clasificad@s senior (masculino e feminino)

  • Tres Primeir@s clasificad@s veteran@s (masculino e feminino) Os premios non son acumulativos.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU PASAPORTE.

4.- ZOA DE SAÍDA

A saída será grupal para ambos Trail as 9:00 e intentaremos manter a distancia mínima entre corredores.

A saída tamén poderá sufrir modificación por temas COVID informando previamente a todol@s corredor@s.


5.- AGASALLOS

Camisetas para os 300 primeiros inscritos da proba. Avituallamento para tódolos participantes e degustación de productos típicos unha vez finalizada a proba.


6.- SERVIZOS

  • Entrega de dorsais.

  • Puntos kilométricos sinalizados no trail longo

  • Avituallamento cada 4 Km aproximadamente, dependendo da dureza do terreo.

. Roupeiro.

  • Vestiarios e duchas.

  • Aparcamentos.

  • Entrega de premios.

. Música

. Comida conxunta fin de proba.

. Seguro accidentes e R.C.

7.- SINALIZACIÓN E CONTROIS

  • O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, carteis e sinais, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos.

  • Estará sinalizado o recorrido cada 300 m ou en puntos conflitivos

  • Calquera alteración voluntaria na sinalización do recorrido por parte dun corredor será suficiente para a súa descalificación inmediata.

7.-AVITUALLAMENTOS

  • O longo do recorrido contaremos con varios puntos para retomar forza en momentos puntuais. Contaremos con avituallamentos liquidos(auga, bebidas isotonicas...) e sólidos (froita, frutos secos, barritas enerxeticas...)

Trail Longo

1º avituallamento 3,8km 2º avituallamento 8,7km

3º avituallamento 12,8km (Cortes das Carballeiras) 4ºavituallamento16,7km (Venceáns)

5ª avituallamento 21,6km (Pacín)

Trail Curto

1º avituallamento 3,8km

2º avituallamento 7,5km (Venceáns) 3º avituallamento 12,8km (Pacín)

Por respeto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin.

8- OUTRAS CONSIDERACIÓNS

  • A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados.

  • A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

  • A organización contará cos servizos de ambulancia, médico, comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para cada un dos participantes de ambas probas.

  • A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que

ver ca NON preparación física ou mental do asistente.

  • Por o feito de tomala saída, tódol@s participantes/as aceptan o presente regulamento

Protocolo covid-19: En todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas que estén implicadas no transcurso do evento seguiran o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE A CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 NO AMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA”


Entrimo maio 2023.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Leer más   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼