13 nov 2022, Piñor

ANDAINA e TRAIL DE PIÑOR

Clasificaciones

Clasificaciones

TRAIL
14km

Información de contacto

Contactar con el organizador988 403 236

Reglamento

  1. DATA: domingo 13 de novembro de 2022.
  2. ORGANIZA: Concello de Piñor.
  3. INFORMACIÓN DAS PROBAS:

O Concello de Piñor conta cun entorno paisaxístico e cultural singular polo que para promocionalo e fomentar estilos de vida saudable organiza as seguintes probas:

A. TRAIL: 14 KM

- LUGAR DE SAÍDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO.

- SAÍDA TRAIL: 11:00 horas.

- DIFICULTADE: media

- CATEGORÍAS:

  • VM1Veteranos I, dende 1978 e anteriores.
  • VF1Veteranas I, dende 1978 e anteriores.
  • SM Sénior masculino, dende o 2000 ata 1979.
  • SF Sénior femenina, dende 2000 ata 1979.
  • 3 General masculino e femenino.
  • 3 Local masculino e femenino.

B. ANDAINA 14 KM

- LUGAR DE SAIDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO.

- SAIDA ANDAINA: 10:00 horas.

- DIFICULTADE: media.

Será de velocidade libre pero existen horas de corte.

A ruta da andaina e do trail é circular, con saída e chegada no pobo de Arenteiro, no Campo da Festa.

O percorrido pasa polos núcleos rurais de Arenteiriño, Albarona, Piñor e Barrán, amosa un gran valor paisaxístico e etnográfico do Concello, pasando polas ribeiras do Río Arenteiro, destacando a súa fervenza chamada Fervenza do Peilán, e de seguido a Fábrica de Papel de Lousado.

  1. CUSTO E LUGAR DE INSCRICIÓNS:
  • TRAIL: 10,00 €
  • ANDAINA: 5,00 €

INSCRICIÓNS: ata as 23:59 do mércores 9 de novembro de 2022 en:

* Non se admitirá participación e inscrición fóra de prazo baixo ningún concepto.

Todos /as os/as deportistas recibirán un agasallo conmemorativo da proba.

As prazas para o desenvolvemento das probas deportivas son LIMITADAS.

  1. RECOLLIDA DE DORSAIS E DUCHAS

Os dorsais recolleranse a partir das 9:00 h do 13 de novembro no lugar de saída das probas no Campo da Festa Arenteiro.

As duchas estarán situadas aproximadamente a 2 km do lugar da celebración da proba., na localidade de Cotelas. (https://goo.gl/maps/CLqVL21sviejmpcH9).

  1. PREMIOS.
  • Premio para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

* Os premios non serán acumulativos, no caso de dúbida poderase pedir o track gps por parte da organización.

* NON HABERÁ PREMIOS ECONÓMICOS.

7. SINALIZACIÓN E CONTROIS

O percorrido estará sinalizado con postes de madeira, carteis informativos, cintas e marcas. Ademais nos puntos máis conflitivos haberá persoal de Protección Civil e da organización.

8. SERVIZOS MÉDICOS

A organización contará con servizo médico e ambulancia dende antes do inicio e ata finalizar a proba deportiva. Tamén contará con persoal de Protección Civil.

9. SEGURO.

Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos.

10. INDICACIÓNS DE INTERESE XERAL.

  • Respectar o entorno natural e non deixar os residuos tirados, depositalos nas zonas habilitadas.
  • Zona de aparcamento amplia no lugar de saída da proba.

11. OUTRAS CONSIDERACIÓNS.

• A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior.

• Por o feito de tomala saída, todos/as os/as participantes/as aceptan o presente regulamento.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Leer más   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼