12 мая 2021, Poio

2º etapa SAMIEIRA-1º CIRCUITO CARREIRAS VIRTUAIS POIO MÓVESE

Результаты

Результаты

SAMIEIRA-opción CARREIRA
7.604км

SAMIEIRA- opción ANDAINA
7.604км

Контактная информация

Связаться с организатором670267317

Базовая информация

Время и место проведения соревнования
Cada etapa ten o seu lugar para a saída Se corres coa aplicación: espera ao sinal "3,2,1 ....¡ A correr!. Se corres co reloxo: é importante que inicies a actividade no reloxo uns metros antes da saída é ao chegar á meta pares o reloxo uns metros despois. Desta forma aseguras que a calibración do teu GPS rexistra a SAÍDA e a META
Выдача нагрудных номеров
Os dorsais se asignan virtualmente o facer a inscrición.
Политика возврата
A inscrición é gratuíta

Регламент

O I Circuíto de Carreiras Virtuais Poio Móvese nace como unha alternativa segura para poder seguir desfrutando da tradición de carreiras populares que nos últimos anos véñense desenrolando no noso municipio, e que se viron interrompidas debido a crise sanitaria causada polo covid-19.

Mediante o uso dunha aplicación de telefonía móbil, que guiará ao deportista polo percorrido e recollerá os tempos acadados, os corredores e corredoras poderán seguir “competindo” dun xeito seguro, comparando os seus tempos cos de outros/as participantes. Así mesmo, existe a opción de adestrar no percorrido antes de participar con rexistro de tempo, así como de disputar a proba as veces que se desexe, quedando recollido na clasificación o mellor de tempo de tódolos acadados. Cada proba terá un período habilitado de 7 días para poder adestrar e participar na mesma tódalas veces que se desexe.

O circuíto constará de 4 etapas:

- Etapa 1: Campelo: do 5 de maio ao 11 de maio.

- Etapa 2: Samieira: do 12 de maio ao 18 de maio.

- Etapa 3: Lourido-Combarro: do 19 de maio ao 25 de maio.

- Etapa 4: Raxó: do 26 de maio ao 1 de xuño.

Proceso de inscrición

Para poder participar nas carreiras é preciso instalarse no teléfono móbil a aplicación “Saudeter” dispoñible tanto en Play Store coma en App Store.

Unha vez instalada, na app está todo o necesario para participar nas carreiras:

1.-Plataforma de inscrición en “¡INSCRÍBETE AQUÍ!”

2.- Ver o trazado da ruta en Google Maps (android) ou Apple Maps (ios) en “INFORMACIÓN DA CARREIRA”.

3.- Adestrar antes da carreira en “ADESTRA PARA A CARREIRA” (pódese facer as veces que se desexen).

4.- Participar na carreira (pódese facer as veces que se queira durante o tempo establecido para a carreira, a app clasificará o mellor tempo realizado):

a.-Pódese facelo co móbil. Seguindo os pasos da app. Deberá estar sempre en funcionamento ata o final da carreira para obter os tempos de cada km. Se pechas a app en metade da carreira o exercicio será nulo. Se perdes sinal GPS máis de 5 minutos a app cancela o exercicio. Asegúrate de que a app funciona en segundo plano no teu móbil. VER VÍDEO EXPLICATIVO

b.-Pódese facer cun reloxo dotado de GPS.

Súbeo o teu dispositivo. VER VÍDEO EXPLICATIVO

Deberás cumprimentar a lo menos o 90% dos puntos fixados. Inicia o exercicio uns metros antes do punto exacto da saída (ver o mapa de cada evento) para asegurar que o teu GPS está calibrado no momento de pasar pola SAÍDA.

O rematar sube o track en formato GPX neste enlace

5.- Ver tempos e clasificacións o rematar o exercicio: se corriches co reloxo e non ves a clasificación o subir o arquivo ou o teu exercicio está en CUARENTENA, escribe a carreiras@saudeter.com

Categorías

Establecerase clasificacións de cada proba das categorías masculinas e femininas seguintes:

- senior: de 18 a 34 anos.

- master 35: de 35 a 44 anos.

- master 45: de 45 a 54 anos.

- master 55: de 55 anos en adiante.

Participación

Tódolos corredores e corredoras participarán baixo a súa responsabilidade e propio risco, manifestando, polo feito de inscribirse, en atoparse en condicións aptas para completar o percorrido da proba con seguridade, previr accidentes persoais e danos a terceiros.

Así mesmo, comprométese a respectar tódalas normas en materia de tráfico e seguridade viaria, así como as medidas sanitarias vixentes en relación a situación sanitaria causada polo covid-19.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Подробнее   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼