dim. 20 déc. 2020 00:00:00 CET, Betanzos

CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA DE NADAL (VIRTUAL) "BETANZOS NON PARA"

Classements

Classement

CARREIRA E ANDAINA
5km

Information de contact

Contacter l'organisateur

Règlement

CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA DE NADAL (VIRTUAL)

5 quilómetros - 5 quilos

"BETANZOS NON PARA"

Organiza: O Concello de Betanzos organiza para este Nadal unha Carreira e Andaina Solidaria a beneficio de Cruz Vermella de Betanzos e que se realizará de xeito virtual.

Colaboran: As Vellas non Paramos, COMPAS Proxectos, Policia Local de Betanzos, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Betanzos, Cruz Vermella Betanzos

Datas: do 20 ao 31 de decembro

Categoría: Única

Saída e Meta: Praza Irmáns García Naveira

Inscricións: A través da ligazón https://321go.es/Carrera/Detail/31-carreiraeandainasolidariadenadalvirtualbetanzosnonpara ou na páxina web do Concello de Betanzos.

A recollida de dorsais farase na Carpa da Ilusión instalada na Praza Irmáns García Naveira os días 19, 26 e 30, de 10:00 a 14:30 h e de 16:00 a 21:30 h, e o 31 de decembro, de 10:00 h a 14:30 h, onde as persoas participantes maiores de idade achegarán os 5 quilos de alimentos non perecedoiros (os e as menores de xeito voluntario), ou o equivalente en produtos de hixiene. Deberás de mostrar no momento da recollida do dorsal o mail que recibiches ó facer a inscripción co nº de dorsal que tes asignado.

Forma de participación: Para participar, os inscritos deberán descargar a APP oficial da proba “Live 321 GO”, e dentro da mesma seleccionar a “Carreira e Andaina Solidaria de Nadal Virtual Betanzos non para”. Cando vaias a facer o percorrido debes de darlle ó botón de “Participar na carreira” e cando leves feitos os 5 kms automaticamente a aplicación te avisará e subirá o teu tempo á plataforma.

Percorrido: 5 kms

As persoas participantes realizarán o percorrido libremente, e deberán facerse unha foto (co dorsal e a mascarilla), que logo poderán subir a través da APP, enviar por mail a info@noko.es ou subir o seu perfil de RRSS co hashtag #carreiraeandainasolidariadenadalvirtualbetanzosnonpara.

A foto deberá facerse en algún dos seguintes lugares e puntos de control:

- Fonte de Diana Cazadora (Saída)

- Adro da igrexa de Santa María do Azougue

- Santuario de Nosa Señora do Camiño (os Remedios)

- Muiños do Rio Pelamios

- Ponte de madeira do río Mandeo

- Fonte das Catro Estacións, no Velódromo José Ventosa

- Lavadoiro Municipal das Cascas

nos que haberá unha sinalización específica.

Premios:

- Mellor disfraz individual (vale por unha cea para dúas persoas)

- Mellor disfraz colectivo, máximo 6 persoas, (vale por unha cea para todo o grupo)

- Sorteo de tres vales para unha cea para dúas persoas entre todas as persoas participantes

Os participantes participan pola súa propia vontade e iniciativa, asumindo os riscos e consecuencias derivadas da súa participación, polo que a organización non se fai responsable dos seus danos, perxuizos ou lesións por calquera tipo de neglixencia.

LOPD:

Ao rexistrarse, os participantes dan o seu consentimento para que os organizadores, por si mesmos ou a través de terceiros, traten os seus datos persoais automáticamente e exclusivamente para fins deportivos, promocionais ou comerciais. De acordó co estrablecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o participante ten dereiro a acceder a estes arquivos para rectificar ou cancelalos de forma total ou parcial o seu contido. Para iso, debes solicitar por escrito á 321Go (c/ Montecerrao, 28 dcha 4 b 33006 Oviedo.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Lire plus   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼