22 jun 2019, Carral

I CRONOESCALADA CONCELLO DE CARRAL

Clasificaciones

Clasificaciones

FEDERADO
22/06/2019 16:30 9km

CARNET CICLISTA
22/06/2019 16:30 9km

NO FEDERADO
22/06/2019 16:30 9km

FEDERADOS TRIATHLON
22/06/2019 16:30 9km

Información de contacto

Contactar con el organizador-

Información Básica

Horario y lugar de la prueba
Hora: 16:30
Recogida de dorsal
Punto 4 del reglamento
Política de devoluciones
Consultar con organización

Reglamento

1- Información xeral
O Club Btt Carral xunto co Concello de Carral e a Federación Galega de Ciclismo organizan a I Cronoescalada Concello de Carral , marcha-cicloturista federada non competitiva e de velocidade libre tódolos participantes teran un agasallo e sorteo .


2- Fecha e lugar
A I Cronoescalada Concello de Carral tera lugar o sábado 22 de xuño de 2019 , saída do Campo da Feira de Carral. A hora da saída será as 16:30 , os participantes sairan cada 30 segundos ,e teran que estar na liña de saida 5 minutos antes .


3- Distancia
O percorrido conta cun trazado de 9 km e 350 metros de desnivel positivo e unha chegada con rampas que sobrepasan o 17% .


4- Recollida de dorsais e horarios
A organización facilitará un dorsal así como os medios para que estea visible durante toda a proba. A entrega de dorsais terá lugar no CAMPO DA FEIRA o día da proba dende as 14:00 ata as 16:00 , A recollida de dorsais farase de maneira individual e prensentado o DNI ea licencia federativa correspondiente , será imprescindible a presentación do documentos .


5- Inscrición
O custo de dita incrisción e de 5 euros FEDERADOS , 15 EUROS NON FEDERADOS e de 10 CARNET CICLISTA , incluirá avituallamiento sólido e líquido , servizo de duchas e lavado de bicicletas , servizo de ambulancia , servizo de recollida en caso de avaría, seguro R.C. , seguro de Asistencia Sanitaria. Só serán considerados participantes , aqueles que realicen a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento .A inscrición quedara limitada a 100 participantes . As inscricións abriranse o día 21 maio ata o 17 xuño.


6- Participación
Maiores de 18 anos.


7- Percorrido
O percorrido da proba transcorre por estradas de Concello de Carral polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes , respetando as normas de circulación contidas na lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación. Esta proba deportiva DESENVOLVERASE CON TRÁFICO ABERTO, polo que os participantes deberán observaar e respetar as normas que rexen para ciclistas no Regulamento de Circulación da Direccioón Xeral de Tráfico .Contaremos coa policía local e coa agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carral nos cruces e puntos máis complicados do percorrido .
O emprego de casco é obrigatorio , e non levalo implica a retirada do dorsal e da ruta . A organización non se fai responsable dos accidentes , nos que puidera ser causa a neglixencia dos participantes , así como os danos que estes pudieran ocasionar durante a realización da marcha.
A organización non se fará cargo de ningún custe ocasionado por avarías mecánicas xurdidas como consecuencia da participación na proba.
A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido , quilometraxe e data da proba.
8- Lei Orgánica de protección de Datos
A organización garante o pleno cumprimento da LOPD, o inscrito queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos ós ficheros existentes na Organización o tratamento dos mesmos para a utilización en relación con xestións administrativas ou comerciais , Así mesmo , coa inscrición dá por feito que acepta as imaxes nas que apareza durante a celebración da proba e os seus momentos previos e posteriores poda ser utilizada pola organización.O inscrito pode exercer o su dereito , mediante escrito dirixida a organización .Ó acceso , rectificación ou cancelación dos datos referidos con anterioridade.
O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Leer más   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼