29 ago 2021, Bande

Desafío Iter Querquennae

Clasificaciones

Clasificaciones

XIII ANDAINA
29/08/2021 09:40 16km

TRAIL LONGO
26.64km

TRAIL CORTO
16.45km

Información de contacto

Contactar con el organizador650959784

Información Básica

Horario y lugar de la prueba
Plaza da Constitución (Bande)
Recogida de dorsal
Recollida de dorsales: - Viernes 27 en Ourense en c/PICASSO 12, 32002 (O Couto). -Sábado 28 en Bande, Praza da Constitución.
Política de devoluciones
No se contemplan, salvo fuerza mayor (COVID-19)

Reglamento

Distancias:

  1. Andaina: aproximadamente 16 Km.Trail

  2. Trail:

  • Trail corto aproximadamente 16,5 km

  • Trail largo aproximadamente 26,5 Km

Organiza: Concello de Bande.

Coorganiza: Xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral para o Deporte, e Deputación de Ourense.

Inscrición: Límite 350 inscritos que poderán variar segundo a normativa do COVID 19 do momento. Aboarase 12€ para participar na andaina e 15€ no trail.

Pódese inscribir na APP “Saudeter Live”, ou na piscina municipal, de 11h. a 13h., ata o 20 de agosto. Para máis información teléf.: 650 959 784

REGULAMENTO

Protocolo Covid-19: En todo momento tanto a organización, atletas e outras persoas que estean implicadas no transcurso do evento seguirán o “PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE A CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 NO AMBITO DO DEPORTE FEDERADO DE GALICIA”.

1.- XERAL

Aproveitando o medio rural e o entorno paisaxístico no que se encontran localizadas as zonas de municipio de Bande, o concello organiza a XIII Andaina popular e o VI Trail.

PARTICIPACIÓN:

Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores (na andaina no hai mínimo de idade, sempre que os/as menores vaian acompañados por un/unha titor/a).

HORARIO:

Recollida de dorsais.

A organización con antelación suficiente facilitara a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice para a promoción e información do evento.

  • 28 de agosto na praza da Constitución de 10:00h. a 13:00h. e de 16:00h. a 20:00h.
  • O propio día, 29 de agosto, dende as 8:00h. ata 15 minutos antes da saída de cada corredor. Por favor, revisa con antelación o teu dorsal para respectar a hora de recollida de dorsais e de saída.

É moi importante que os participantes lean o protocolo AntiCovid19 e que a hora de recoller o seu dorsal traian asinada a “Declaración responsable”(Anexo I). Sen esa declaración asinada non se lle poderá facer entrega do dorsal.

Saída.

O formato empregado na proba será o de contrarreloxo con saídas escalonadas cada 20” de 4 en 4 corredores (este formato poderá variarse se os protocolos ou as condicións o permiten) tratando en todo momento de evitar contactos próximos ou posibles aglomeracións.

Debera gardarse en todo momento a distancia mínima de 1,5 m de separación tanto na saída da proba, como en calquera adiantamento entre corredores durante o transcurso da mesma. Non respectar esta distancia pode ser causa de descalificación do atleta que infrinxa a devandita norma.

As persoas participantes deberan presentarse na liña de saída segundo o horario previo publicado pola organización e cunha máscara obrigatoria (a organización proporcionara, a maiores da que traian, unha mascara quirúrxica no momento de atravesar a liña de meta) e so a sacaran xusto no momento anterior a saída da proba, depositándoa nun recipiente destinado para tal efecto.

A saída será para o trail e para a andaina por quendas segundo indique a organización en futuros comunicados.

TRAIL CURTO TRAIL LARGO ANDAINA
HORARIO SAÍDA 9:20 9:00 9:40
CHAMADA-PRESENTACIÓN DORSÁIS 9:15 8:55 09:35:00 - Presentación na zona de saída
METODOLOXÍA

Presentación de 12 en 12 cada 1 minuto

09:20:00 - Saída Dorsais 1 - 2 - 3 - 4

Saídas de 4 en 4 cada 20 segundos.

Moita atención para respectar a orde de saída.

Axustaremos tempo en función da inscrición.

Saídas de 8 en 8 cada 20 segundos.

Non competitiva, non inflúe orde de saída.

13:30 Entrega de trofeos, sorteos de material deportivo (bastóns, mochilas, riñonera...) e diversos pinchos de degustación.

2.- CATEGORÍAS

  • Senior ( masculino / feminino): < 36 anos.

  • Veterano A (masculino / feminino): de 36 a 45.

  • Veterano B (masculino / feminino): de 46 a 55.

  • Veterano C (masculino / feminino). de 56 >

3.- INSCRICIÓNS

Pódese inscribir na APP “Saudeter Live”, ou na piscina municipal, de 11h. a 13h., ata o 20 de agosto. O custe da inscrición será de 12 euros para participar na andaina e 15€ no trail.

4.- PREMIOS

  • No trail trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s absulut@s (masculino e feminino, tanto na modalidade do trail longo como de curto e para os primeiros das categorías establecidas do trail longo (senior e veteranos de A a C e medallas para os 2º e 3º clasificad@).

  • Trofeos para o/a atleta máis veterán/a do trail longo.

  • Trofeos para o primeiro/a estranxeiro/a clasificado/a do trail longo.

Todos/as os/as atletas premiados cumpriran estritamente as indicacións da organización e dos protocolos establecidos para recoller os trofeos.

Os premios non son acumulativos.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU PASAPORTE.

5.- AGASALLOS

  • Camisetas para os 350 primeiros/as inscritos/as da proba, avituallamento para tódolos/as participantes e sorteos de diverso material deportivo.

6.- SERVIZOS

  • Entrega de dorsais.
  • Puntos kilométricos sinalizados no trail longo
  • Avituallamento cada 4 Km aproximadamente, dependendo da dureza do terreo.
  • Roupeiro.
  • Vestiarios e duchas.
  • Aparcamentos.
  • Entrega de premios.
  • Música.
  • Sorteo de material deportivo.
  • Comida conxunta fin de proba.
  • Seguro accidentes e R.C.
  • Servizo masaxista postcarreira.
  • Bañeiras de xeo (crioterapia).

Nestes servizos cumprirase a normativa sanitaria prevista fronte ao Covid 19, podéndose modificar algúns dos puntos anteriormente sinalados.

7.- SINALIZACIÓN E CONTROIS

  • O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, estacas, sinais, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos.
  • Estará sinalizado o recorrido cada 300 m ou en puntos conflitivos.
  • Haberá diferentes controis aleatorios en puntos estratéxicos para o correcto desenrolo das probas nas súas respectivas modalidades.
  • Control no km. 15. Quedarán fóra da competición tódol@s atletas que non superen o primeiro tramo en menos de 3h. debendo entregar o dorsal e quedar en dita zona para regresar a Bande. Ás 15h. o circuíto quedará pechado. Calquera atleta que reste no circuíto deberá acercarse ao avituallamento máis próximo e no caso de querer seguir a actividade, a organización non se responsabiliza de calquera accidente ou problema que xurda durante a ruta.

8.-AVITUALLAMENTOS

Por respecto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin. Haberá 6 avituallamentos o longo do percorrido:

  • Tres líquidos.
  • Tres sólidos e líquidos.

9- OUTRAS CONSIDERACIÓNS

  • A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados.
  • A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
  • A organización contará cos servizos de ambulancia, médico, comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para cada un dos participantes de ambas probas.
  • A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON preparación física ou mental do asistente.
  • Por o feito de tomala saída, tódol@s participantes/as aceptan o presente regulamento.
  • DECLARACIÓN RESPONSABLE: Cada atleta deberá presentar un documento que atopara ao final deste regulamento, ANEXO I, para indicar que nos 14 días previos non percibiu en si mesmo síntomas compatibles co COVID-19. Terá que cubrir con bolígrafo, asinar e entregar este documento impreso ao recoller o seu dorsal. Importante: Sen a entrega do documento non se poderá participar no evento.

-XULGAMENTO DA COMPETICIÓN: A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo polo que estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA. Ademais, haberá persoal da organización encargado de controlar o cumprimento do protocolo Anti COVID-19 ao longo de todo o percorrido.


- DESCUALIFICACIÓNS: Será obrigatorio cumprir o protocolo COVID19 para o desenvolvemento da proba.
Todo/a aquel/a que non o cumpra poderá ser descualificado (incluso antes de comezar a competición).
Non se permite:
• Correr xusto tras outro/a participante a unha distancia inferior a 1,5 m.
• Adiantar a outro/a participante a menos de 1,5 metros de distancia lateral.
• Incumprir o protocolo Anti COVID-19 da proba.
• Non levar axeitadamente o dorsal no peito, e/ou o chip.
• Non realizar o percorrido completo.
• Manifestar un mal estado físico evidente.
• Manifestar un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros deportistas ou co público, facendo protestas maleducadas, ou se reitere en protestas inxustificadas ante a Organización.
O persoal de Organización, está facultado para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente.
Todo/a aquel/a corredor/a descualificado/a recibirá unha máscara e deberá retirar o seu dorsal e abandonar o circuíto inmediatamente.
O tempo máximo para completar a proba é de 6 horas.

RECLAMACIÓNS: As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

NORMATIVA: Para todo o non disposto neste regulamento aplicarase a normativa FGA e, de ser preciso, a normativa RFEA e WA.

PROTOCOLO ANTI COVID-19: A competición desenvolverase seguindo o Protocolo FISICOVID – DXT Galego da Federación Galega de Atletismo en vigor. Estableceranse medidas de actuación Anti COVID-19 específicas para esta competición.

A ORGANIZACIÓN DO EVENTO PODERÁ MODIFICAR CALQUERA DOS PUNTOS PARA PRIORIZAR A SAÚDE DO CORREDOR E DO PÚBLICO FRONTE Á COVID-19.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Leer más   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼