07 may 2023, Ribadavia

6º BTT do RIBEIRO

Clasificaciones

Clasificaciones

RUTA NORMAL 40K
07/05/2023 09:00 40km

RUTA XXL 52K
07/05/2023 09:00 52km

Información de contacto

Contactar con el organizador679957745

Información Básica

Horario y lugar de la prueba
Campo de futbol O XESTAL, Ribadavia, Ourense
Recogida de dorsal
Campo de Futbol O XESTAL, el dia del evento a partir de las 8:15
Política de devoluciones
NO SE CONTEMPLAN

Reglamento

6ª RUTA BTT DO RIBEIRO (RIBADAVIA)

O Club Ciclista Raiders do Ribeiro organiza a 6ª Ruta Btt do Ribeiro en Ribadavia, marcha cicloturista de montaña NON COMPETITIVA, que se celebrará o dia 7 de Mayo do 2023.

As 8:30 horas dará comenzó a recollida de dorsais, e as 9:00 horas a saída.

Tanto a saída e chegada oficiais serán dende a Praza Maior da citada vila segundo o seguinte regulamento:

REGULAMENTO XERAL:

1.- A 5ª Ruta do Ribeiro non terá carácter competitivo, os participantes consideranse en excursión persoal e polo tanto deberán respeitar as normas de circulación vixentes, as indicacións dos axentes de tráfico, policía local, do persoal de protección civil e dos membros da organización.

2.- O percorrido será de 35 e 50 Km, terá unha dificultade técnica media e unha dureza medio-alta, apta para tódolos practicantes habituáis de Btt que gusten de disfrutar de camiños e corredoiras de terra, así coma paisaxes e naturaleza da zona. Está diseñada para completala en 5 horas. Aqueles participantes que non pasen polo horario previsto pola organización nos puntos de corte, serán desviados por un percorrido alternativo que enlace coa ruta máis adiante.

3.- Poderán participar persoas nadas dende o ano 2004 e posteriores, así como os menores de 18 anos presentando obligatoriamente unha autorización asinada polo seu pai, nai ou tutor legal.

4.- A marcha será de ritmo libre na sua totalidade ainda que a organización resérvase o dereito de controlar ou neutralizar a mesma se circunstancias especiais o aconsellen. Está absolutamente prohibido adiantar ó vehículo a motor que encabece a marcha.

5.- Todo participante que non respete este regulamento, as normas de convivencia, que tiren lixo ao chan, circule sin o dorsal de xeito visible, non acate as instruccións da organización, retiraráselle o dorsal e será expulsado da proba de xeito inmediato, e se fose necesario sería denunciado as autoridades competentes.

6.- Para os participantes na marcha haberá diferentes controis extratexicamente situados. A organización resérvase o dereito de desviar por percorridos alternativos máis curtos a aqueles participantes que superen os tempos máximos de paso establecidos. Os participantes que non acaten estas normas aplicaráselles os procedementos reflectidos no artigo 5.

7.- É absolutamente obligatorio o uso de casco regulamentario dutante todo o percorrido.

8.- Os participantes son responsables de atoparse nun estado físico axeitado para afrontar o percorrido establecido.

9.- O percorrido está debidamente sinalizado. Antes da saida, informaráse das características da sinalización e das precaucións especiais que sexan de importancia e a ter en conta en certos tramos.

10.- Estará a disposición de todos os participantes un servicio de primeiros auxilios e se fose necesario dunha ambulancia con médico. No caso que fose preciso, procederase ao traslado do accidentado a algún dos centros médicos concertados co seguro da proba. Os participantes que non dispoñan de licencia federativa quedarán cubertos por un seguro de accidentes con validez de un dia, que suscribirán no mesmo momento de formalizar a inscripción.

11.- Haberá varios vehículos de asistencia para transportar bicicletas e participantes con problemas. Os participantes son responsables de presentarse na saída coa bicicleta cun estado mecánico axeitado para circular con seguridade polo percorrido proposto na marcha. Así mesmo tódolos participantes deberán ir dotados do kit básico de reparación, ainda que tamen dita proba vai ter servicio de pequeñas averías por membros da organización.

12.- A organización resérvase o dereito de participación de ata 400 ciclistas, respetándose a orde de inscripción. Consideraranse como inscritos todos aqueles que remitan a confirmación a organización pagada a taxa de inscrición en tempo e forma a través da páxina web disposta para tal fin.

13.- Haberá dous avituallamentos que estarán distribuidos da seguinte orde:

- Km 18 Sólido e Líquido

- Km 28 Líquido

- O Final da proba haberá pinchos e bebidas para tódolos participantes

14.- A organización non se fai responsable daqueles danos que poidan producir os participantes a terceiros, derivados de conductas imprudentes alleas a organización, nin das sancións que lles poidan corresponder por non respeitar o código de circulación vixente.

15.- A aceptación do presente regulamento implica, necesariamente, que o participante autoriza a organización para a grabación total ou parcial da sua participación na marcha, presta o seu consentimento para que poida ser usado a sua imaxe na promoción e difusión da proba, de todas as formas posibles (radio, prensa, video, fotografía, dvd, internet, cartéis, medios de comunicación, etc), e cede todolos dereitos de explotación comercial e publicidade que a organización considere adecuado executar (dentro dos seus fines benéficos), sen dereito da súa partepara recibir unha compensación económica.

16.- O feito de inscribirse nesta marcha, leva implícita a aceptación da totalidade destas normas.

Fima:

Organización desta Marcha

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Leer más   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼