May 08 2022, Tui

TRAIL DO ALOIA

Results

Results

ALOIA 21K
21km

ALOIA 12K
12km

Contact info

Contact the organizer

Rules

Artigo 1: Organización

Noko 360 en colaboración co Concello de Tui, Diputación de Pontevedra e diferentes entidades público privadas, organizan o próximo 7 E 8 maio o TRAIL DO ALOIA

O 7 de maio, dende as 16:30 horas se organizarán o ALOIA KIDS TRAIL, diferentes carreiras para os mais pequenos da casa, desde o 5 anos atas os 14, ambos inclusive.

O 8 de maio será o turno do Trail do ALOIA, con 12 E 21km, con un espectacular percorrido polo Parque Nacional do monte Aloia. A PROBA DE 21K ESTARÁ INCLUIDA NA PONTEVEDRA TRAIL LEAGUE 2022

Artigo 2: A proba

DIA 7 DE MAIO (ALOIA KIDS TRAIL)

Serán 3 probas totalmente de balde, para cativos con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos. As categorías serán:

BABY POWER: de 5 a 8 anos

BABY ROCKET: de 9 a 11 anos

BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos

As carreiras comezarán a partires das 16:30 horas, e tódolos participantes levarán un agasallo o rematar a proba.

DIA 8 DE MAIO

A proba de 21k as saída as 10 00 da mañan e reservado para corredores maiores de 18 anos.

A proba de 12k a saída será as 11:00 horas e reservado para maiores de 15 anos

Artigo 3: Regulamento

A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento será de estrito cumprimento para todos os participantes do Trail do Aloia

Artigo 4: Participación

Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma.

Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A DESCALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.

A idade mínima de participación é de 15 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se permite a participación a ningún atleta menor de idade.

Está prohibido ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.

O corredor do Trail do Aloia deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo momento, nun lugar visible (parte pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.

Artigo 5: A carreira

O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética específica creada para a proba. O rutometro da mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira (www.traildoaloia.com).

Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.

O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar o código de circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO Aos MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip.

Artigo 6: Inscrición

A inscrición ao Trail do Aloia iniciarase a partir do 8 de Marzo de 2022 a través da páxina web da proba e finalizará o día 4 de maio e os prezos de inscrición serán de:

ALOIA 12K:

Do 8 de marzo o 13 de marzo 13 EUROS

Do 14 de Marzo o 2 de Maio: 15 EUROS

3 de Maio o 4 de Maio: 17 EUROS

ALOIA 21K:

Do 8 de marzo o 13 de marzo: 17 EUROS

Do 1 de Marzo o 2 de Maio: 19 EUROS

3 de Maio o 4 de Maio: 21 EUROS

A inscrición á proba inclúe:

– Dereito de participación.

– Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.

– obsequio participación.

– Servizo médico
-Avituallamiento nos puntos habilitados.

Artigo 7: Avituallamento

A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización.

.

Artigo 8: Dereitos de imaxe

A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal para utilizalos.

.

Artigo 9: Categorías

Establécese as seguintes categorías en

ALOIA 21K:

-Absoluto (masculino e feminino)

-Sénior (masculino e feminino)

-Veteranos 40 (masculino e feminino)

-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)

ALOIA 12K:

-Absoluto (masculino e feminino)

-Veteranos 40 (masculino e feminino)

-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)

Establécese a categoría especial «empadroados de TUI» cos tres primeiro@s

Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados de TUI.

Artigo 10: Cancelacións

Só se admitirán cancelacións á proba aos atletas inscritos que o comuniquen antes do 20 de Abril ao mail eventos@noko360.es. A devolución do importe será do 50% do importe pago pola inscrición.

.

Artigo 11: Servizo gardarroupa

A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes

Artigo 2: Normas ambientais

A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carácter especial para co medio ambiente: – Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.

.

⎼⎼⎼⎼⎼⎼  Read more   ⎼⎼⎼⎼⎼⎼